Homesociedade"Déixate guiar", a proposta de visitas guiadas na Pobra do Brollón

“Déixate guiar”, a proposta de visitas guiadas na Pobra do Brollón

Este xoves comezou a campaña de visitas guiadas de verán do Concello da Pobra do Brollón, baixo o lema ‘Déixate guiar’. No programa ofértanse ata finais de agosto cinco visitas para coñecer o patrimonio natural, cultural e arqueolóxico do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As visitas vinculadas á arqueoloxía son tres: o Castro de San Lourenzo de Cereixa, Os Conventos en Vilachá de Salvadur e, como novidade deste ano, Penas do Castelo en Salcedo. Estas visitas divulgan as pescudas realizadas no marco dos seus respectivos proxectos de arqueoloxía en comunidade, incorporando datos e historias recollidos dos veciños.

A visita a Os Conventos compleméntase moi ben coa das adegas tradicionais de Vilachá, onde os visitantes poden coñecer o lugar e o viño da man de adegueiros locais.

Por último, a visita a Cova das Choias en Óutara permite coñecer o musgo luminescente, as colonias de morcegos e máis os seres mitolóxicos que habitan o lugar. Trátase dunha visita de acceso limitado para protexer a flora e fauna da cova.

“Volvemos apostar un ano máis por un turismo respectuoso e de calidade, que acompañe iniciativas comunitarias como os proxectos arqueolóxicos de Cereixa, Vilachá ou Salcedo e que apoie a economía local” comenta o alcalde, Xosé Lois Maceda.

Todas as visitas ofrécense baixo demanda, de mércores a domingo ás 11:00 horas, excepto a Cova das Choias que se ofrece unicamente sábados e domingos.

A reserva é obrigatoria nos teléfonos 650 624 828 (para Os Conventos, Adegas de Vilachá e Penas do Castelo) e 674 939 673 (para Cova das Choias e Castro de San Lourenzo). Para máis información os interesados poden consultar a páxina web do Concello da Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...