HomeCultura'Cabe no Trío': "traballamos polo bo ambiente, a beleza do arte e...

‘Cabe no Trío’: “traballamos polo bo ambiente, a beleza do arte e por fomentar a actividade cultural local”

Este grupo musical, composto por un arxentino, unha vasca e un galego actuarán o sábado 17 na Cantina de Meán, no Saviñao. Versionarán, entre outros/as a Édith Piaf, Mercedes Sosa, Buenavista Social Club, Chavela Vargas.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Cantina de Meán convida de novo a unha noite de música este sábado 17 de xullo. Nesta ocasión co grupo “Cabe no Trío”, unha formación moi internacional de orixe pero asentados en Pantón. A actuación será a partir das 20:00 h.

Cabe no Trío son tres músicos, Mauro Alves, pianista arxentino especialista en floclore latino, Cecilia Alonso, unha cantante do País Vasco, e un percusionista galego moi influenciado tamén polo folclore, Arturo García. Falamos con este último para coñecer catro cousas desta proposta musical.

Os tres pertencen ao “Caldo colectivo”, un colectivo artístico multidisciplinar que vén de nacer nas Terras de Lemos e que conforman polo de agora arredor de 20 artistas de varios paises e con diferente percorrido artístico. Neste grupo hai unha gran parte de músicos con varios proxectos musicais en marcha.

Un deses proxectos é ‘Cabe no Trío’, nacido desta forza instintiva e asociativa con ganas de empezar a tocar e ir animando as rúas e os bares este verán.

Segundo palabras de Arturo García, o percusionista do grupo, “dende as ribeiras do Cabe, ofrecemos unha viaxe sonoro polo mundo e tocamos boleros, cumbias, tangos, zamba arxentina, swing… e folclores do mundo.Tocamos nomes como Édith Piaf, Mercedes Sosa, Buenavista Social Club, Chavela Vargas, etc”. E engade “traballamos polo bo ambiente, a beleza do arte e por fomentar a actividade cultural local“.

ÚLTIMAS

Agroma Sober denuncia o estado da vía de Sober a Canaval “a unha semana da Feira do Viño”

A vía provincial Sober- Canaval (LU-P-5901) presenta dende hai anos problemas estruturais de deterioro...

Unanimidade na demanda de rehabilitación urxente da N-540 entre Lugo e Ourense

Mentres as persoas usuarias da N-540 se mobilizan reclamando solucións, o BNG segue coa...

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...