HomeCulturaPróximas actuacións do ciclo de humor Sarria Sorrí

Próximas actuacións do ciclo de humor Sarria Sorrí

Depois da actuación no Meigallo de Brais Doval, acompañado do consagrado Oswaldo Digón, a próxima cita do Sarria Sorrí será o 8 de agosto co espectáculo Lechazo a feira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Sarria Sorrí contará o 8 de Agosto cunha das actuacións máis exclusivas que se poden ver hoxe en día, LECHAZO A FEIRA, con Touriñán, David Amor, Álex Clavero e JJ Vaquero xuntos no campo de rugbi. Sen ningunha dúbida, o prato forte do festival, e un dos espectáculos de comedia máis exclusivos e difíciles de ver no panorama nacional. Co 100% de entradas vendidas en todas as súas actuacións, 4 dos cómicos máis demandados da actualidade, xuntos nun escenario nunha historia desternillante e chea de sorpresas que ninguén se debería perder, a cita ás 21.00.

O ciclo rematará con Luis Piedrahíta o 14 de Agosto na Praza de Santa Marina a partir das 21.00 A organización asegura que “foi un auténtico encaixe de palillos conseguir un oco na axenda de Luís Piedrahita para visitar Sarria. Pero o polifacético cómico e mago coruñés, non quería deixar pasar esta oportunidade, de traer a un sitio tan especial como a Praza de Santa Mariña os monólogos e as sorpresas que lle fixeron ser un dos mellores espectáculos do ano na esixente Gran Vía de Madrid.”

Ademais nesa xornada contarase ás 12.00 contarase no mesmo escenario co espectáculo infantil de Pedro Brandariz, “Contos e outras andrómenas”. Actor, monologuista, clown, cómico….. Os adxectivos para definir a Pedro Brandariz esgótanse. Artista multidisciplinar, chega ao Sarria Sorrí para achegar o humor a toda a familia. Unha divertida sesión vermú, para gozar todos xuntos e gratuíta, á sombra da Igrexa de Santa Mariña.

ÚLTIMAS

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade...

600.000€ para actuar de emerxencia na mellora da LU-P-4103 en Pantón

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, destaca “Trátase dun investimento moi importante...