HomeCulturaHumor premium en Sarria

Humor premium en Sarria

Xosé A. Touriñán, David Amor, Álex Clavero e JJ Vaquero xuntos nun dos espectáculos de monólogos máis divertidos do ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Valladolid e Galicia teñen moitas máis cousas en común do que nos cremos”, din dende Etiqueta Negra, a produtora de Sarria que convida a gozar desta velada de humor o domingo 8 de agosto ás 21:00 h. no antigo Campo de Rugbi, no Parque do Chanto.

E partindo desta premisa colleron a dous cómicos dos máis representativos de Galicia, Xosé Touriñán e David Amor, e a dous cómicos dos máis representativos de Valladolid, J. J. Vaquero e Álex Clavero, para facernos ver, entre risas, o diferentes e parecidos que somos. O resultado: un monólogo bautizado co que ben podería ser unha exquisita receita: Lechazo á Feira!

A actuación forma parte do ciclo Sarria Sorrí que este ano chega á súa segunda edición co apoio e colaboración económica do Concello de Sarria.

Aínda quedan entradas que se poden adquirir en Ataquilla.com

ÚLTIMAS

Empresarias reivindican a súa voz e acción para mellorar a situación socioeconómica da Ribeira Sacra

O encontro de Talento Feminino no Rural que tivo lugar no Castelo de Castro...

Un morto tras chocar un camión e unha furgoneta en Sarria

O condutor dunha furgoneta faleceu nunha colisión frontal contra un camión na estrada LU-633,...

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación...