HomeCulturaXornada Europea da Cultura Xudía en Monforte de Lemos

Xornada Europea da Cultura Xudía en Monforte de Lemos

Entre as actividades programadas polo concello, neste mes de setembro dedicado á cultura sefardí, destaca o xogo "Busca a chave do diálogo". Nel poderase participar ata o 30 de setembro e gañar unha fin de semana completa nalgunha das cidades da Rede de Xuderías.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte deseñou para este mes de setembro, como xa é habitual, diversas actividades arredor da Xornada Europea da Cultura Xudía-Diálogos, actividades que están condicionadas nestes momentos pola evolución da situación sanitaria en Monforte, que segue no nivel máximo de incidencia polo Covid-19.

Monforte de Lemos pertence, xunto con outras poboacións de España, á Asociación “Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad”, o cal representa un recoñecemento ao seu rico pasado medieval e en particular á pegada hebrea no mesmo. Pertencer a esta asociación supón contar con actividades que permiten a divulgación do patrimonio histórico e artístico da cidade.

A primeira actividade comezou o pasado venres 3 de setembro e trátase do xogo interactivo Busca a chave do diálogo.

BUSCA A CHAVE DO DIÁLOGO

Dende o 3 e ata o 30 de setembro, na zona de ámbito xudeu de Monforte pódese participar no xogo interactivo Busca a chave do diálogo. O xogo consiste en ir completando tres probas en tres puntos xeolocalizados ubicados da zona histórica de Monforte co obxectivo de atopar 3 códigos QR e acadar finalmente a “Chave do Diálogo”.

Estes puntos marcaranse nun mapa, e os participantes poderán acceder a eles pola ubicación do seu teléfono móbil. En cada un destes puntos, unha actividade achegaralles á temática deste ano, “Diálogos”. Estas actividades, que consistirán en visualizar un vídeo, escribir un párrafo dunha historia en cadea, ou decidir que tipo de diálogo abrir, daralles a posibilidade de conseguir a famosa chave de Sefarad ó concluír as tres probas.

A Rede publicará as diferentes historias en cadea escritas por todos os participantes en cada cidade, e Entre os gañadores da Chave do Diálogo, sortearase unha fin de semana completa nunha das cidades da Rede de Xuderías.

Para participar no xogo, é necesario inscribirse na web, ata o 30 de setembro: redjuderias.org/juega, e as instrucións para participar no xogo, poderanse consultar en: redjuderias.org/dialogos.

OUTRAS ACTIVIDADES

O resto das actividades programadas iranse anunciando en función de cando sexa posible a súa celebración. Entre elas están ideados diversos concertos musicais, así como a habitual visita guiada á zona de xudería de Monforte.

A temática da Xornada Europea da Cultura Xudía proposta pola Red de Juderías para este ano xira arredor da palabra “Diálogo”, a través da cal propón difundir e promover narrativas positivas que resalten a contribución dos xudeus europeos a unha Europa máis plural e inclusiva.

A Xornada Europea da Cultura 2021 celebrará este ano unha das súas edicións máis ambiciosas baixo o paraugas do proxecto NOA (Networking Overcoming Antisemitism), asociación de redes que ten por obxectivo combater o antisemitismo en Europa mediante a avaliación das políticas dos estados membros da UE en diversas áreas, desde a educación ata a cultura e a seguridade, co fin de axudarlles a desenvolver plans de acción integrais para abordar e previr o antisemitismo.

ÚLTIMAS

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...