HomeEconomíaMelloras na liña de Media Tensión de Trascastro, no Incio

Melloras na liña de Media Tensión de Trascastro, no Incio

O Concello do Incio mellora a calidade da subministración eléctrica do municipio grazas a un importante investimento de UFD, a empresa de distribución eléctrica de Naturgy.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A eléctrica Naturgy investirá preto de 200.000 euros en actuacións e obras de mellora da rede de Baixa e Media Tensión no Concello do Incio. En concreto, a compañía destina 40.000 euros ao proxecto de mellora da liña de Media Tensión que dá servizo á parroquia de Trascastro e ás aldeas limítrofes. 

UFD, empresa de subministración de Naturgy, contou coa total colaboración por parte do Concello do Incio e iniciou a pasada semana os traballos de substitución de apoios e adecuación e reforzo desta liña de Media Tensión, de case un quilómetro de lonxitude. Os traballos, que durarán entre 2 e 3 semanas, suporán unha importante mellora na calidade da subministración eléctrica aos lugares de Trascastro, Moura, A Ferrería,  Airela, Hospital, Pena, Dontide y Dompiñor.

Tamén se contempla un investimento de 150.000 euros na construción dun novo centro de transformación, con maior potencia, no núcleo urbano do Incio, así como o soterramento da rede de baixa tensión asociada ao transformador para garantir a calidade do servizo no municipio. Por outra banda, tamén se instalarán dous telecontrois para mellorar a manobra a distancia dos  interruptores e así localizar máis rapidamente o punto dunha incidencia e diminuír así os tempos de interrupción.

ACTUACIÓNS NO RURAL

A compañía inclúe cada ano no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución, especialmente en zonas rurais, contribuíndo ao desenvolvemento económico destes territorios e á mellora das súas condicións de vida.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...