Homesociedade260.000 euros para o CEIP Virxe do Carme de Sober

260.000 euros para o CEIP Virxe do Carme de Sober

Este centro escolar, que duplicou o número de matriculacións en tan só dez anos, recibirá esa achega para realizar melloras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, aproveitou a visita deste martes 20 de setembro a Sober para anunciar a realización de obras de mellora de eficiencia enerxética e accesibilidade no CEIP Virxe do Carme. Calcúlase que os traballos ascenderán a uns 260.000 euros.

Con este anuncio puxo en valor o compromiso da Xunta de Galicia co rural galego, dotándoo de centros en igualdade de condicións e calidade educativa ca nas cidades. “Unha oferta de proximidade que fai que en centros como o colexio CEIP Virxe do Carme de Sober se duplicara a matrícula na última década”, destacou.

Luis Guitián con Román Rodríguez na radio do CEIP Virxe do Carme de Sober. Foto: Prensa da Xunta de Galicia.

Nesta liña de compromisos co ensino no rural, exalzou o transporte escolar en Galicia, “coa rede de transporte escolar máis grande do Estado”, dixo; e lembrou tamén que programas como a estratexia do Goberno galego para as bibliotecas escolares inclúen accións específicas para o rural, como o programa Bibliotecas LÍA.2. Programa do que forma parte o CEIP Virxe do Carme xunto con outros 24 centros, case todos do rural galego.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...