HomesociedadeFormación para o uso de drons na agricultura

Formación para o uso de drons na agricultura

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte acollerá cinco xornadas relacionadas co potencial desta tecnoloxía entre o 27 de setembro e o 1 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza a vindeira semana no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte cinco xornadas sobre os drons aplicados á agricultura. Comezaráno vindeiro luns 27 de setembro e rematarán o venres 1 de outubro, sendo o horario das mesmas entre as 10:00 h. e as 14:00 h.

O obxectivo da iniciativa é dar a coñecer a tecnoloxía dos drons (vehículos aéreos non tripulados), a lexislación que os regula e as vantaxes que poden supoñer nas explotacións, en relación ao aforro de tempos e custos, para levar a cabo aplicacións máis precisas e con maior seguridade e, en definitiva, para incrementar a eficiencia nos traballos agrícolas.

PROGRAMA, CONTIDOS E ENFOQUE

En concreto, o programa inclúe contidos sobre as novas tendencias na agricultura, sobre as necesidades do agricultor e dos cultivos, sobre as pragas que poden afectar as plantacións e sobre o uso de fitosanitarios. Nesa liña, aprenderase como poden empregarse os drons para pulverizar aforrando non só produto senón tamén tempo e man de obra. Así mesmo, revisarase a lexislación de aeronáutica civil e a normativa do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación en materia de aplicacións aéreas.

A acción están dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

OBXECTIVOS DE AGACAL

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

Neste senso, a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas.

Nesta páxina mesma páxina pode atoparse o referido curso e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico isaac.lopez.felipe@xunta.gal. Os interesados e interesadas en obter información adicional poden chamar ao teléfono 982 889105.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...