HomesociedadeNova iluminación da fonte cibernética da Praza da Compañía

Nova iluminación da fonte cibernética da Praza da Compañía

Para a execución destas obras de mellora na iluminación e no sistema de son da fonte, o Equipo de Goberno destinou un orzamento total de algo máis de 12.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O novo sistema informático e electrónico da fonte permite a programación dunha gran variedade de coreografías, nas que a luz, que conta cunha ampla gama de tonalidades e cores, e os 18 chorros de auga están sincronizados con respecto á música. Ademais, esta programación pode configurarse e modificarse on line, mediante control remoto, desde outro equipo informático.

Con esta actuación, o Concello completa as obras de mellora nesta fonte cibernética, logo de que no mes de xuño se procedera á reparación das bombas da fonte, así como no cambio da malla metálica, e a instalación dun peche perimetral na mesma, cun investimento de case 40.000 euros. En total, o investimento é de pouco máis de 52.000 euros.

Esta actuación englóbase no programa de mellora de infraestruturas urbanas que o Equipo de Goberno de Tomé Roca leva posto en marcha dende o inicio do seu mandato.

Horarios de funcionamento

A iluminación, así como o espectáculo audiovisual da fonte cibernética da Compañía, funcionarán en horario de verán ata o vindeiro domingo día 3 de outubro. Deste xeito, funcionará de 11:00 a 15:00 horas, e de 18:00 a 2:00 da mañá.

A cada hora en punto, soará unha canción, de actualidade e coñecida para o gran público, que irá sincronizada, nunha coreografía conxunta, coa iluminación e os 18 chorros de auga da fonte. A última entrada musical será ás 22:00 horas.

A partir da vindeira semana, o horario de funcionamento do espectáculo de luz e son da fonte será o propio de inverno, é dicir, venres de 18:00 a 22:00 horas, e sábados, domingos e festivos, de 12:00 a 15:00 e de 18:00 a 22:00 horas. Do mesmo xeito, manterase a entrada da coreografía musical e de iluminación cada hora en punto.

ÚLTIMAS

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...