HomePolíticaOs socialistas demandan no Parlamento rematar o porto seco de Monforte e...

Os socialistas demandan no Parlamento rematar o porto seco de Monforte e habilitar un peirao intermodal

A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero avanzou que defenderá unha iniciativa este xoves a partir das 10:30 na Comisión de Ordenación e Obras Públicas do Parlamento, co fin de demandar rematar, na maior brevidade posible, a conexión do Porto Seco de Monforte de Lemos coa N-120, así como habilitar un peirao intermodal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na visita deste mércores ao Porto Seco, o alcalde de Monforte sinalou que “o goberno de Feijóo ten que actuar xa, é necesario reactivar este proxecto. Precisamos de compromisos claros e orzamento para reactivar esta dotación, que será unha infraestrutura vital para o futuro desenvolvemento da provincia de Lugo. O Goberno de Feijóo non pode seguir dándonos ás costas”, advertiu.

Os socialistas lembran que “o informe do Eixo Atlántico de 2016, sobre o Porto Seco de Monforte de Lemos, reflicte que: “é un proxecto que leva demasiados anos estancado, especialmente se consideramos a importancia que ten, dende o punto de vista estratéxico e económico, non só para o eixe interior de Galicia, o menos desenvolvido, senón para a fachada marítima, en termos portuarios, e, para o conxunto dunha Eurorrexión na que viven 7 millóns de cidadáns, e na que intentan traballar sen ter que emigrar novamente, a maior parte deles”.

Dende o PSdeG lembran que “este proxecto de plataforma xa foi anunciada por Manuel Fraga no ano 2011, e inaugurada por Feijóo no ano 2014. Pero lamentablemente 7 anos despois desta inauguración non existe alí instalada ningunha empresa”. Por iso entendemos que “é urxente e necesario que canto antes se lle poña remedio a estas carencias, e que dunha vez por todas o Goberno de Feijóo cumpra os seus compromisos con Monforte de Lemos”.

Na iniciativa rexistrada argumentan que “o Porto Seco de Monforte é competencia da Xunta, pero tal e como se pode comprobar téñeno totalmente abandonado e esquecido, e non atenden á necesidade de dotar a este centro loxístico duns accesos que lle permitan ser operativos mediante o viario de conexión coa N-120. Ademais, actualmente segue pendente a execución do tramo de menos de 1 km que contemplaría os accesos do Porto Seco coa N-120. Ata o de agora o seu único é a via que une Monforte coa Pobra de Brollón, unha vía de comunicación estreita e sen beiravía, pouco axeitada para o tipo de tráfico que debe de xerar este parque empresarial”.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...