HomeCulturaTeatro este xoves no Multiusos de Monforte

Teatro este xoves no Multiusos de Monforte

O Concello de Monforte recupera o teatro para o último trimestre do ano, e as actuacións volven este xoves 7 de outubro ó Edificio Multiusos a partir das 20.15 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó segundo semestre de 2021 en Monforte de Lemos, este xoves 7 de outubro ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da obra para adultos O premio, da compañía La Quintana Teatro, obra composta por Santiago Cortegoso, dirixida por Marián Bañobre e interpretada por Raquel Espada, Victoria Teijeiro e Xurxo Cortázar.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes, sendo o aforo limitado seguindo a normativa sanitaria no momento da realización do espectáculo. A venta de entradas farase dende unha hora antes da actuación ás 19:15 h e a entrada o salón de actos realizarase ás 20:00 h.

“O premio” é unha comedia aceda que fala da situación das persoas dentro dun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social fose tal, que se viron obrigadas a caer en “O Premio” como única fórmula de conseguir a felicidade.

O premio é un reality en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: “Morrer logrando a fama. Todo por un soño”. Tres finais posibles en función do desexo do público.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será As virxes salvaxes da compañía Teatro do Noroeste que terá lugar o xoves 21 de outubro no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores e facilítalle os terreos

Desde o concello de Folgoso do Courel aseguran que poden dar este paso despois...

A muralla medieval de Monforte, entre o deterioro e o bloqueo pola propiedade: o BNG pide actuar e a Xunta remite aos titulares

O deputado do BNG Iago Suárez formulou este martes na Comisión de Cultura unha...

Este 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da vida no rural

A protagonista será Loyda López Pérez, unha emigrante retornada, que con sete anos marchou...

Unha ruta gratuíta do Barco á Rúa convida a percorrer o Camiño de Inverno o 3 de outubro

Unha ruta a pé de 12,65 quilómetros para a que se habilitan 60 prazas....