HomesociedadeConvócase á hostalería de Monforte a unha charla da Policía Nacional

Convócase á hostalería de Monforte a unha charla da Policía Nacional

A actividade organizada pola APEHL celebrarase este xoves, 14 de outubro, a partir das 17.30 na sede da asociación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) convoca aos hostaleiros da cidade para asistir a unha charla que ofrecerá a Policía Nacional para informar da problemática que está a sufrir o sector en canto a roubos, pelexas e demais altercados, que afectan sobre todo o lecer nocturno. Tamén informarán de necesidades e inquedanzas do colectivo en xeral.

O acto terá lugar este xoves, 14 de outubro, ás 17:30 h, nas instalacións da delegación de Apehl, en Monforte de Lemos ( c/ Zapaterías, s/n. Torreón do cárcere vello).

ÚLTIMAS

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...