HomesociedadeMáis de 6 millóns e medio de quilos vendimados na D.O. Ribeira...

Máis de 6 millóns e medio de quilos vendimados na D.O. Ribeira Sacra

Dos 6.516.473 de quilos de uva recolleitos ata a data na D.O. Ribeira Sacra, 5.217.169 de quilos corresponden a Mencía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A data 14 de outubro recolléronse na D.O. Ribeira Sacra 6.516.473 quilos de uva, cando 88 adegas xa deron por rematada a campaña e 4 aínda non comunicaron a finalización dos traballos. Así séguese aumentando a diferenza coa campaña pasada que se pechaba con 5.244.049 de quilos, e auméntase tamén con respecto ao 2018, vendima que se pechaba o 22 de outubro con 6.170.995 quilos de uva vendimados. Mentres que no 2019 a D.O. Ribeira Sacra batía records coa vendima máis abondosa da súa historia, que se pechaba o 18 de outubro con 7.262.831 quilos.

Nesta campaña, despois de máis de 48 días totais de vendima, lévanse recollidas por variedades as seguintes cantidades:

Variedades tintas

  • Mencía 5.217.169 quilos
  • Garnacha 247.124 quilos
  • Sousón 97.315 quilos
  • Merenzao 59.127 quilos
  • Brancellao 58.783 quilos
  • Tempranillo 32.565 quilos
  • Caíño tinto 32.576 quilos
  • Mouratón 9.015 quilos
  • Grao Negro 638 quilos

  Variedades brancas

  • Godello 589.279 quilos
  • Albariño 96.294 quilos
  • Treixadura 57.905 quilos
  • Dona Branca 6.371 quilos
  • Branco Lexítimo 4.614 quilos
  • Loureira 4.371 quilos
  • Torrontés 3.327 quilos

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...