HomesociedadeO que non arde, programa de prevención de incendios, preséntase este mércores...

O que non arde, programa de prevención de incendios, preséntase este mércores en Pantón

A deputada de Medio Rural, Mónica Freire, presentará este mércores ás 13.00 no edificio multiusos de Ferreira de Pantón a convocatoria de subvencións do programa de prevención de incendios “O que non arde”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O plan contempla unha liña de axudas dirixida ás comunidades de montes veciñais en man común que desenvolvan ou poñan en marcha actividades silvopastorís nas faixas de protección fronte aos lumes.

As comunidades de montes poden solicitar achegas para pastoreo con gandaría extensiva no ámbito de influencia das faixas de xestión de biomasa e nos lateriais das vías municipais, así como para elaborar e regular plans de aproveitamento silvopastoril.amén se ofrece a posiblidade de optar a axudas destinadas á investigación da propiedade ou á resolución de discreprancias catastrais, que repercutan na mellora organizativa e estrutural destas entidades de xestión en común da propiedade. As achegas poden chegar, en función das accións para as que se soliciten, ata os 6.900 euros.

Convídase a representantes de comunidades de montes e a comuneiros e comuneiras a participar no encontro, no que se explicarán os detalles da aplicación deste programa que pretende contribuír a prevención de incendios forestais e á xestión integral do monte.

A convocatoria está aberta a todas as comunidades cuxos montes estean inscritos no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común. No caso de arrendamento total ou parcial do monte, ou cesión parcial do mesmo para o seu aproveitamento individual por parte dalgúns comuneiros, para a realización dun aproveitamento de pastos por gando en extensivo, os arrendatarios e comuneiros poderán acollerse ao programa.

As solicitudes poden presentarse ata o vindeiro 28 de outubro, achegando a documentación indicada nas bases da convocatoria, dispoñible na web da Deputación de Lugo e publicadas no BOP do 29 de setembro.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...