HomeCultura"As virxes salvaxes" este xoves no Multiusos de Monforte

“As virxes salvaxes” este xoves no Multiusos de Monforte

A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios continúa en Monforte de Lemos este xoves, 21 de outubro, ás 20:15 horas no Edificio Multiusos coa posta en escena da obra As virxes salvaxes da compañía Teatro do Noroeste.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“As virxes salvaxes” é unha comedia sobre a absurda pero necesaria situación de recluír aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden. Non sempre foi así. Nas culturas rurais, os maiores tiveron sempre unha función, unha ocupación que daba sentido as súas vidas ata o final. Mais chegaron as présas e os apuros da cultura urbana e nela, os maiores non teñen cabida, son un estorbo, é preciso desfacerse deles amoreándoos en institucións concibidas para iso. Nunha destas institucións, varias internas realizan, mesmo sen sabelo nin pretendelo, a súa propia revolución. A comedia como factor de crítica ante unha realidade que cada vez se amosa máis pechada en si mesma.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes, sendo o aforo limitado seguindo a normativa sanitaria no momento da realización do espectáculo. A venta de entradas farase dende unha hora antes da actuación ás 19:15 h e a entrada o salón de actos realizarase ás 20:00 h.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será Dreaming Juliet da compañía Elefante Elegante que terá lugar o xoves 4 de novembro no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores e facilítalle os terreos

Desde o concello de Folgoso do Courel aseguran que poden dar este paso despois...

A muralla medieval de Monforte, entre o deterioro e o bloqueo pola propiedade: o BNG pide actuar e a Xunta remite aos titulares

O deputado do BNG Iago Suárez formulou este martes na Comisión de Cultura unha...

Este 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da vida no rural

A protagonista será Loyda López Pérez, unha emigrante retornada, que con sete anos marchou...

Unha ruta gratuíta do Barco á Rúa convida a percorrer o Camiño de Inverno o 3 de outubro

Unha ruta a pé de 12,65 quilómetros para a que se habilitan 60 prazas....