HomePolíticaO PP pídelle ao Ministerio de Infraestruturas que non entorpeza o acceso...

O PP pídelle ao Ministerio de Infraestruturas que non entorpeza o acceso do Porto Seco coa N-120

A voceira do Grupo Municipal Popular, Katy Varela e a deputada autonómica Raquel Arias visitaron este mércores pola mañá a plataforma loxística convencidas de que, se logra o impulso necesario, poderá xogar un papel esencial na recuperación económica e empresarial da cidade do Cabe, atraendo novas empresas e máis oportunidades laborais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares defenderán unha emenda presentada na Comisión de Obras Públicas do Parlamento de Galicia na que se demanda que o Goberno de España deixe de limitar a construción da vía que permitiría conectar o porto seco coa estrada nacional. Insisten en denunciar que ata tres informes negativos da administración central obstaculizan a execución deste novo viario, a pesar de que a Xunta ten consignación orzamentaria para impulsar o proxecto.

Para os populares resulta esencial que o Goberno central non entorpeza os esforzos que o Goberno galego está a facer por dotar a Monforte de máis solo industrial despois de levar investidos máis de 20 millóns de euros no Porto Seco de Monforte, na adquisición de terreos e nos traballos técnicos e de urbanización deste espazo.

Pero esta área industrial conta cun hándicap que impide o seu desenvolvemento, a necesidade dunha conexión directa coas principais vías de comunicación da zona, como a N-120. Os populares aseguran, que superado este bloqueo, o Goberno galego ten reservada unha primeira partida económica de 750.000 euros para seguir mellorando o porto seco.

ÚLTIMAS

Comeza o estendido do aglomerado na estrada que une Ferreira e Currelos

A institución provincial inviste nestas obras 118.000€. Executa as actuacións a empresa FEVISA Vía...

Charla informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Centro Cívico de Monforte

Con esta actividade, o Concello de Monforte quere ofrecer información e asesoramento técnico especializado...

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...