HomeCulturaUnha achega á literatura de terror na Biblioteca do Saviñao

Unha achega á literatura de terror na Biblioteca do Saviñao

Obradoiro para chegar a elaborar un relato de medo a partir do coñecemento de diferentes escritoras que traballaron este xénero. Venres 22 de outubro ás 18:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Continuando co ciclo ‘Ler conta moito’, a Biblioteca Municipal do Saviñao organiza unha nova actividade este venres 22 de outubro a partires das 18:00 h. Trátase do obradoiro de escritura creativa de Andrea Barreira: ‘Terroríficas, historias de terror‘.  Nel a autora achega a literatura de terror a diversos públicos a través da lectura e da escrita.

A actividade consta de dúas partes, unha primeira na que se fará un  repaso de distintas escritoras, do pasado ao presente, que traballaron o xénero do terror; e unha segunda na que se escribirá un relato de terror poñendo en práctica o visto no punto anterior.

“TERRORÍFICAS”

Estamos diante dun obradoiro que busca dúas cousas: visibilizar as autoras do xénero de terror e que as persoas que participen aprendan a escribir un relato de medo. Para iso leranse fragmentos de novelas ou relatos de autoras como Uxía Casal, Cris Pavón, Emma Pedreira, Paula Carballeira, Ledicia Costas, Pilar Pedraza, Mary Shelley, Alejandra Pizarnik, Shirley Jackson… “Entre lectura e lectura escribimos e compartimos as nosas propias historias”, di Andrea Barreira.

O público ao que vai dirixido é amplo, poden participar persoas adultas, rapazada… En función da idade do público variarán as lecturas.

Folleto e obras de apoio do obradoiro

ANDREA BARREIRA

Licenciada en xornalismo. Escritora de xénero fantástico. Ten publicados os libros Palabra de Bruxa, (Editorial Galaxia, 2018) e Non hai luz sen escuridade, (Urco Editora, 2015); relatos nas antoloxías colectivas como O libro dos libros (Editorial Galaxia), Contos do Sacaúntos. Romasanta o criminal (Urco Editora), entre outras; ademais, escribiu o conto infantil de Nadal, Que pode saír mal? para as actividades Pontexogos (Pontevedra, 2016/17), ilustrado por Ana Seoane. En 2020 colaborou cunha serie de microrrelatos para o suplemento “Máis” de Nós diario; en 2021 cun relato na mesma publicación.

Coordina diversos clubs de lectura na Biblioteca Pública Ánxel Casal (Santiago de Compostela) e na Biblioteca Pública Miguel González-Garcés (A Coruña).

Imparte obradoiros de narrativa para adolescentes e adultos en Taller Abierto_Gestión Cultural (Pontevedra) e en escolas, institutos, bibliotecas, feiras e eventos literarios.

Andrea Barreira nun obradoiro. Foto: Choupín Dixital

ÚLTIMAS

A ‘Feira do Viño de Amandi’ xa está aquí

O colofón a un completo programa de actividades do Mes de Amandi no concello...

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...