HomesociedadeÚltimo día para inscribirse no obradoiro de Alimentación Saudable para maiores de...

Último día para inscribirse no obradoiro de Alimentación Saudable para maiores de 60 anos do Programa Activa Monforte

Esta formación ten carácter gratuíto e está dirixida a persoas veciñas de Monforte de Lemos con idades a partir de 60 anos. A formación estrutúrase en tres módulos teórico-prácticos correspondentes á elaboración de almorzos, comidas e merendas-ceas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Espazo Gastronómico de Monforte, situado na Praza de Abastos, acollerá un obradoiro de Alimentación Saudable para maiores de 60 anos organizado no marco do Programa Activa. A formación está organizada pola Fundación FormaVigo, en colaboración co Concello de Monforte e será impartida pola nutricionista e cociñeira, Estefanía Montes.

O obradoiro desenvolverase en tres xornadas o martes 28 e xoves 30 de outubro e o luns 3 de novembro, en horario de 16.30 a 20.30 horas.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata as 14:00h do 24 de outubro. O número de prazas dispoñibles e de 16, que se cubrirán por orde de inscrición ata completar o aforo. As persoas interesadas deberán acudir presencialmente á secretaría dos Servizos Sociais, situada no Centro Cívico de Monforte (Paseo do Malecón s/n).

Para inscribirse neste obradoiro, as persoas solicitantes deberán estar empadroadas no Concello de Monforte de Lemos e ter cumpridos os 60 anos. A solicitude ten que facerse co modelo normalizado que se facilitará na secretaría dos Servizos Sociais. Completarase cunha copia do documento de identidade e un certificado de empadroamento (en caso de non autorizar a consulta).

ÚLTIMAS

As promesas do Quixós volven de Ponts con tres medallas

Unha reducida representación do Club Quixós de Piragüismo, que se desprazaba ata terras catalás...

Remata o curso de esgrafiado que a Xunta organizou en Chantada

O curso estivo impartido pola artista Gloria García Lorca, pola ceramista Loaira Pérez e...

Agrosensualia, unha exposición diferente que chega a unha perruquería de Bóveda

"Agrosensualia" reúne unha selección de obras realizadas no seu Atelier do Incio onde a nudez e a paisaxe dialogan desde unha...

O alumnado dos centros de ensino de Chantada reinterpreta a Manuel Jorge

Descubrir a obra de Manuel Jorge e experimentar con ela. Esa foi a proposta...