HomePolítica"Preséntanse os orzamentos a finais de ano para branquear desviacións de crédito",...

“Preséntanse os orzamentos a finais de ano para branquear desviacións de crédito”, asegura o BNG de Pantón

O BNG de Pantón cre que levar a pleno o 28 de outubro orzamentos para o ano en curso é "como comprar uns zapatos de tres anos para un cativo de cinco."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o BNG afirman sentirse asombrados coa nova estratexia política do goberno municipal de presentar os orzamentos como actividade de peche e non de inicio do ano, “preséntanos no último trimestre, o que supón un retraso de toda a actividade política municipal, pero é unha forma de branquear as múltiples desviacións de crédito levadas a cabo este ano” manifestan dende o grupo municipal do BNG.

“É impresentable que aínda enriba acompañen os orzamentos cunha modificación de crédito, o que significa que xa están modificando o que nos traen para aprobar”, lembra a voceira municipal RosaAna Prieto Florines

Dende o punto de vista técnico botan en falta a Relación de Postos de Traballo (RPT) ou a inclusión do cadro de persoal no que apareza a clasificación deste coas categorías e funcións que desenvolven os e as traballadoras, o que provoca desaxustes de cantidades e conceptos.

Segundo o BNG, o máis grave destes orzamentos é que absorben todo o remanente e vanse a “cantidades indecentes en obras de dubidosa necesidade, gastanto en suma, máis de tres millóns de euros e non inclúen un só servizo básico nas parroquias.”

“É inmoral, que cos cartos que obtiveron do catastrazo agora só fagan excentricidades, non canto de priorizar as necesidades básicas da poboación local”, conclúe a voceira municipal do BNG en Pantón.

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...