HomeCultura“As tres solteironas” este sábado no Saviñao

“As tres solteironas” este sábado no Saviñao

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo programa para este sábado, 30 de outubro, en colaboración co Círculo Saviñao a obra “As tres solteironas”, da Asociación Cultural Abrente. A cita no Auditorio Municipal de Escairón ás 19:30 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“As tres solteironas” é unha comedia ambientada nos anos 50 que caricaturiza a ansia de dúas familias por amañar as súas herdanzas pactando casamentos, cunha trama argumental que se complica por certos intereses económicos, algún namoramento imprevisto, un cura de armas tomar, envexas, malas linguas e ata una meiga e un enxame de abellas. Unha representación satirizada dos costumes e formas de ver a vida na sociedade rural dos anos 50.

A obra, escrita polo párroco Anxo Eiriz, conta cun elenco de 13 actrices e actores da Asociación Cultural Abrente. Unha agrupación fundada no 2008 no concello de As Nogais, na que se imparten distintas actividades vencelladas á música tradicional, e que no ano 2016 decide crear este grupo de teatro, que leva participando no Circuíto da Deputación desde hai xa tres anos. Co teatro costumista por bandeira, desenvolven a súa actividade “cunha aula de persoas adultas e outra para os máis cativos, de tres anos en adiante, porque neste pobo xa había tradición de facer teatro e nós queremos continuala”.

Circuíto de Teatro Afeccionado

Nesta nova edición do circuíto 2021 participan dezanove compañías –catro máis que o ano pasado- ofrecendo as súas representacións co apoio da Vicepresidencia da Deputación, que dá continuidade ao programa Buxiganga con esta nova fórmula adaptada á situación de pandemia.

Xunto á Asociación Cultural Abrente (As Nogais), participan outros colectivos da provincia entre os que están na zona sur, Argalleiras (Chantada) e Teatreiras (Monforte).

ÚLTIMAS

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...