HomesociedadeOs bancos do peregrino chegan a Quiroga

Os bancos do peregrino chegan a Quiroga

A colocación de bancos no Camiño de Inverno, o mural da peregrina realizado na vila quiroguesa, a sinalización da ruta do Castro de Penadominga, a mellora da interpretación do pregamento de Campodola- Leixazós, a renovación das páxinas webs dos museos de Quiroga e a creación da ruta “Quiroga, Vila literaria” forman parte das melloras turísticas que o Concello de Quiroga solicitou dentro do Plan de Sostibilidade do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estes días colocáronse cinco bancos en lugares estratéxicos do Camiño de Inverno ao seu paso polo municipio. Montefurado, O Castelo, Quiroga, Carballo de Lor e a Ponte de Barxa de Lor foron os emprazamentos escollidos para  a colocación destes bancos que á vez que serven para o descanso dos peregrinos indican o Camiño de Inverno.

No plan de sostibilidade, que rolda un orzamento de 80.000 €, está incluída a mellora dos paneis interpretativos que están situados no miradoiro de Campodola, a sinalización que se colocou na ruta circular do Castro de Penadominga, unha ruta acondicionada este verán polo Campo de Traballo da Xunta de Galicia e a brigada de incendios, aproveitando un antigo camiño que unía Bendollo con Vilar de Mondelo; e a renovación da páxina web do Museo Xeolóxico e do Etnográfico incluíndo máis contido.

O último proxecto incluído dentro deste plan é a creación dunha ruta literaria “Museo ao aire libre: Quiroga vila literaria”. Trátase dun recorrido por todos aqueles lugares do municipio nos que viviron escritores famosos. O proxecto incluirá a sinalización destas edificacións e a colocación de códigos QR, que permitirán en cada lugar escoitar audios de fragmentos  das obras destes escritores.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...