HomeCulturaDomingo de teatro en Pantón

Domingo de teatro en Pantón

Representarase a obra “Belarmina, a fabulosa velutina”, de Titiriterra, no marco do ciclo cultural monicreques do 'circuíto de teatro profesional Aparte' da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A peza está dirixida a un público infantil e familiar e fai unha mestura entre a natureza das abellas e as colmeas, e o mundo dixital das redes sociais. Así mesmo, aborda temas tan importantes como a amizade e as contradicións dos instintos biolóxicos. O desenlace inesperado e inspirador non deixará indiferente a ninguén.

Unha proposta programada pola área de Cultura da Deputación de Lugo en colaboración co concello de Pantón para o vindeiro domingo 14 de novembro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura.

Casa da Cultura de Pantón / XdL

CIRCUÍTO DE TEATRO PROFESIONAL APARTE

Este circuíto, promovido desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, conta con dez compañías que xiran ao longo do ano por distintos concellos e con montaxes para todos os públicos.

Ademais de Titiriterra, compañía que estará este domingo no Concello de Pantón, participan na iniciativa Trécola, Titiriterra, Mircromina Teatro, Lîlâ Teatro, Ubú Teatro, Señor López Producións,  Pínconús, Teatro baixo da area,  A compañía solitaria do Dr. Monifate e Ítaca Teatro.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...