HomeCulturaPróximas citas no sur da provincia, obradoiros para maiores, magostos e o...

Próximas citas no sur da provincia, obradoiros para maiores, magostos e o Día das Librarías

A Libraría Agrasar de Monforte celebra este xoves o Día das Librarías, o concello de Sober progama para este venres un magosto e o día 15 comeza en Pantón un obradoiro de traballo intelectual para maiores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xoves, día 11 de novembro, celébrase o Día das Librarías, e na Libraría Agrasar de Monforte festéxano coa presentación do último libro de Manuel Veiga, “As Mellores Tendas de Madrid”. A escritora Moncha Prieto comentará o libro co autor. Durante toda a xornada farase ademais un 10% de desconto en todos os libros.

O concello de Pantón organiza un obradoiro de traballo intelectual para persoas maiores de 65 anos. Comezará o luns, 15 de novembro, e desenvolverase todos os luns de 18.00 a 19.30 no segundo piso da casa da cultura. As persoas interesadas en participar deben inscribirse na casa da cultura de luns a venres en horario de 10.00 a 20.00 ou no teléfono 982 45 63 77.

O Concello de Sober celebra este venres, 12 de novembro, un magosto popular aberto a quen queira asistir. Celebrarase a partir das 17:00 horas na Praza do Concello. Haberá castañas asadas, viño de Amandi e refrescos.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...