HomeCulturaCountry e blues para abrir decembro no Círculo Saviñao

Country e blues para abrir decembro no Círculo Saviñao

Jeff Espinoza e Marco R. Wagner actuaron esta fin de semana no Círculo Saviñao de Escairón onde interpretaron cancións de raíz americana dos seus discos individuais e de colaboracións inéditas dos últimos tempos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os dous músicos teñen unha moi ampla traxectoria musical. Jeff  trouxo temas de  ‘Red House’, ‘Red House Hits 1997-2012’, ‘Red House & Friends’ e do último ‘Gypsy Runner’, así como outras do seu repertorio clásico. Marco trouxo temas dos seus discos ‘What’s Love Remains’ e ‘Back to the plow’, e tamén versións de grandes da música americana.

O concerto é o resultado dunha longa experiencia e amizade entre Espinoza e Wagner, o que lles permite facer un dos grandes country e blues de Europa. Jeff Espinoza ten rexistrado máis de 400 temas de diversa índole en calidade de compositor e letrista e ten colaborado con infinidade de artistas de todo o mundo. Marco R. Wagner é tamén compositor, cantante, voz, guitarras e harmónica. Natural de Río de Janeiro, a súa formación musical é española e estadounidense. Neste último país que creou bandas e recorreu escenarios durante moitos anos ata que se veu a establecer a España.

Foron aplaudidos e aclamados polos seus fans escaironeses, que xa coñecían a Jeff de anteriores actuacións individuais e co grupo Red House. Gustaron moito, polo que seguro que seguirán formando parte de la planificación das actividades do Círculo Saviñao durante as súas xiras galegas.

ÚLTIMAS

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...

‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de...

Cortada a liña entre Montefurado e Monforte por un incendio

Un incendio declarado na infraestrutura ferroviaria mantén cortada desde primeira hora da mañá deste...

Monforte abre unha nova convocatoria de axudas para sufragar o gasto enerxético nos fogares vulnerables  

Esta liña de axudas está destinada a paliar situacións transitorias de necesidade social relacionadas...