HomeCulturaCitas co teatro afeccionado este domingo en Monforte e Pantón

Citas co teatro afeccionado este domingo en Monforte e Pantón

Este domingo, 12 de decembro, a partir das 18:00h, a casa da cultura de Monforte, acolle a representación do Grupo Alentía Teatro de Palas de Rei, coa obra “A escada dos contos”. Á mesma hora o Grupo de Teatro Axóuxeres, de Vilaronte (Foz), representa “Cousas de mulleres” na casa da cultura de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na casa da cultura Lois Pereiro de Monforte, o Grupo Alentía Teatro de Palas de Rei, representa “A escada dos contos”. A representación será a partir das 18:00 horas nunha cita cun compendio de historias que abordan con tenrura e humor problemas tan importantes como a igualdade de oportunidades entre os xéneros, o acoso escolar, a cultura da paz, o recoñecemento á sabedoría e á experiencia das persoas maiores, o valor instrumental da educación como ferramenta imprescindible no crecemento do ser humano… Trátase dun espectáculo que reflexiona, en clave de humor, sobre a importancia de cultivar a autoestima, a mellor ferramenta para sortear obstáculos na vida. Que a fantasía arroupe os nosos corazóns!

En Pantón, a Casa da Cultura acolle o mesmo domingo, 12 de decembro, a partir das 18:00h ao Grupo de Teatro Axóuxeres, de Vilaronte (Foz), que representa “Cousas de mulleres”. A obra conta a historia de tres mulleres, cos seus problemas, loitando contra o mundo e ata consigo mesma, ás que o destino une por unha casualidade e que sen pretendelo acaban converténdose en grandes amigas. Esta obra busca elevar os ánimos con humor, xa que a unión fai a forza e non hai problema que non teña solución.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores e facilítalle os terreos

Desde o concello de Folgoso do Courel aseguran que poden dar este paso despois...

A muralla medieval de Monforte, entre o deterioro e o bloqueo pola propiedade: o BNG pide actuar e a Xunta remite aos titulares

O deputado do BNG Iago Suárez formulou este martes na Comisión de Cultura unha...

Este 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da vida no rural

A protagonista será Loyda López Pérez, unha emigrante retornada, que con sete anos marchou...

Unha ruta gratuíta do Barco á Rúa convida a percorrer o Camiño de Inverno o 3 de outubro

Unha ruta a pé de 12,65 quilómetros para a que se habilitan 60 prazas....