HomesociedadeMonforte presidirá a Red de Juderías no 2023

Monforte presidirá a Red de Juderías no 2023

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, participan en León na 58ª Asemblea xeral ordinaria da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encontro, que se celebrou no Parador Nacional de San Marcos en León, serviu, entre outras cousas, para abordar novos retos para o período 2022-2025, a través de estratexias comúns de futuro, co obxectivo de acadar unha maior promoción das cidades da Rede nos mercados turísticos e culturais tanto nacionais como internacionais.

A estas estratexias sumouse o Concello de Monforte, que en verbas do seu Alcalde destacou que “é moi importante para todos os membros da Red incorporarse a novas iniciativas de turismo e promoción que se engadan ás xa existentes e consolidar estratexias comúns de actuación para difundir o pasado e patrimonio xudeus das cidades e atraer visitantes nacionais e internacionais”.

Durante a celebración da Asemblea Xeral, tivo lugar un encontro telemático co Presidente de Paradores, Pedro Saura, para formalizar a sinatura dun acordo de colaboración que permitirá establecer futuras sinerxias entre ambas institucións dado que 11 cidades da Red de Juderías contan cun Parador Nacional.

Está previsto que a cidade de Monforte presida en 2023 a Red de Juderías, e que polo tanto a cidade acolla a celebración da súa Asemblea anual, xa que esta presidencia establécese por orde alfabética das cidades membro: se León asumiu a presidencia en 2021, en 2022 será a quenda de Lucena, e en 2023, Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...