HomePolíticaMáis persoal da Policía Nacional nas fins de semana, demanda o PP...

Máis persoal da Policía Nacional nas fins de semana, demanda o PP de Monforte

A portavoz popular, Katy Varela, lembra que “nas últimas semanas vimos de ler nos medios noticias sobre violencia que preocupan aos cidadáns; este tipo de violencia localízase sobre todo durante as fins de semana na rúa Duquesa de Alba”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP considera preciso un incremento do persoal do que dispón a Policía Nacional en Monforte. “Garantir a seguridade pública é unha obriga institucional que dificilmente pode ser atendida se os corpos e forzas de seguridade non contan con cadros de persoal suficientes,” sinalan os populares.

No próximo pleno o PP defenderá unha moción para que o equipo de goberno leve a cabo as xestións oportunas coa autoridade competente para que non se produzan estas faltas de persoal da Policía Nacional, principalmente nas fins de semana. Pretenden tamén os populares que se organice un dispositivo especial en conxunto das policías Nacional e Local para que durante as noites da fin de semana non queden desatendidas as rúas de Monforte mentres non se arranxa o problema de persoal do colectivo de seguridade cidadán.

Katy Varela sinala que a competencia nesta materia corresponde ao Ministerio do interior, “pero é o alcalde, segundo a Lei de Bases de Réxime Local, o máximo representante do concello e debe mostrar preocupación polas situacións que se produzan no termo municipal”.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...