HomeCulturaNo castelo de Castro Caldelas preséntase o día 30 a novela "Piedra,...

No castelo de Castro Caldelas preséntase o día 30 a novela “Piedra, papel y Zobeira”

“Piedra, papel y Zobeira”, a novela de intriga de Juan Álvarez que nos leva polas Terras de Trives, preséntase o día 30 de decembro, ás 19.30 no castelo de Castro Caldelas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O autor, Juan Álvarez, “El Letrastero”, é un barcelonés que presume de sangue aragonesa e galega. Vive en Calzada de Calatrava, pero sen perder nunca o contacto coa súa aldea vacacional, A Pena Folenche, en Trives. Este malabarista de metáforas e alquimista de reflexións, propón na súa segunda novela, unha obra para amantes da lectura en xeral e do misterio e da intriga en particular.

Atoparanse sentimentos reflexivos e a cara oculta do ser humano. Luces e sombras. Paisaxes que falan; gardando o halo de misterio e o paso doutras civilizacións. Unha obra na que a orixinalidade e a particular prosa do autor conxúganse con retratos perfectamente subtraídos da nosa mente, creando unha alianza que rema en prol do eixo argumental deste novela.

Que é Zobeira e onde se atopa?

Saberémolo trala lectura desta novela de misterio e seguramente non estará moi lonxe de nós nin da Ribeira Sacra… Intriga, misterio e xiros sorprendentes… Deixádevos levar a través da Vía Nova XVIII, mentres vos unides por un momento ás lexións romanas que pasaron por alí. Sentide como “Starway to heaven” morde os miliarios cos seus sopridos enigmáticos.

A persoal e característica prosa do autor quedou inmortalizada baixo os seguintes títulos: “Letrastadas” (2015), “Qué cosas…” (2016), “Sala de start” (2017) e “Hasta aquí” (2019). Colabora con diferentes medios musicais: “Metal Obscura” a revista “KMP Cultura rock de aquí”; e no medio dixital Creando Tu Provincia coa sección mensual “Acuéstate y suda”. A primeira novela “La sonrisa de la huida” publicábase o pasado 2020 e un ano máis tarde Juan Álvarez chega con, “Piedra, papel y Zobeira”.

ÚLTIMAS

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...

Varios centos de persoas concentráronse en Monforte este 11N

En Monforte varios centos de persoas acudiron este mércores á convocatoria de mobilización que...

Inscricións abertas para participar na III San Silvestre que se correrá en Chantada o 26 de decembro

As inscricións están abertas a través da web www.ccnorte.com, ata as 23:59h. do día...