HomeOpiniónA ecoloxía é saúde e seguimos enfermando á Natureza e enfermándonos

A ecoloxía é saúde e seguimos enfermando á Natureza e enfermándonos

Desde hai lustros o humano é o único ser vivo do planeta Terra que despreza a interacción co medio que o rodea. Ese desprezo está a empezar a pasar factura, é cuestión de tempo.

Publicado o

POR
Manuel Díaz Ares
- Advertisement -

A voracidade polo consumo levou ao ser humano a esgotar recursos de todo tipo, desertizar terras, contaminar augas soterradas e superficiais, utilizar os mares e océanos de entulleira, poñer ao límite da supervivencia a especies como as baleas, ademais de extinguir a outras, empobrecer a calidade dos chans de cultivo envelenándoos con agrotóxicos que contaminan os alimentos, e así un longo etcétera que todos, en maior ou menor medida coñecemos, aínda que a maioría prefire mirar para outro lado mentres engole calquera clase de comida lixo que enferma o seu corpo cuxa saúde cedeu sen máis ás farmacéuticas.

O desenvolvemento do ser humano converteuse nunha encarnizada e implacable loita contra si mesmo que, ao longo dos tempos, chegou mesmo a diezmar poboacións enteiras pola cobiza de bens materiais. Iso si, só vemos as pelexas entre humanos, pero se ampliamos o campo de visión egocéntrica, veremos que a autodestrución inmisericorde alcanza a todo ser vivente que poboa este planeta.

Produtos ecolóxicos / sentirsebiensenota.com

Do mesmo xeito que todos os seres vivos que poboan este planeta, os humanos necesitamos dos seus recursos para manter a nosa vida, en forma de alimentos, de refuxio e de algo que a ciencia empeza a recoñecer, a enerxía, esa enerxía sutil que percorre o noso corpo e que en contacto coa Natureza rexenérase.

A forma actual de vida separa ao humano do contacto coa Nai Natureza

Nas grandes cidades, e non tan grandes, a xente está a desexar que chegue a fin de semana para saír “ao campo”. En certa maneira é unha forma de recargar pilas como recoñecen eles mesmos. Uns poucos afortunados aínda viven no campo e consciente, ou inconscientemente gozan dos beneficios do contacto coa Natureza. Respirar aire libre camiñando polo bosque é unha terapia sanadora que xa se recoñece, aínda que non é máis divulgada porque é gratis. Os medios de comunicación de masas, TVs, radio, prensa escrita e dixital, na súa maioría dependen de anunciantes que non están polo labor.

Nestes últimos dous anos vimos como se nos coartou a liberdade, e o dereito, de respirar aire libre. A redución do osíxeno conleva unha serie de problemas que desembocan en enfermidades, como estamos a ver a diario. O ser humano conseguiu modificar as condicións de habitabilidade da súa contorna utilizando a tecnoloxía só pensando no presente, sen ter en conta se o que fai vai afectar á súa vida negativamente ou se vai ser irreversible ou non.

Atasco de coches entre unha neboeira de contaminación | Fonte: remitida

As actuais condicións de vida nas grandes cidades fixeron descender a esperanza de vida respecto aos habitantes do campo. Todos vemos como os animais silvestres (mal chamados salvaxes) encerrados fóra do seu hábitat acaban enfermando. Os humanos tamén somos animais sacados do seu contexto natural aos que as medicinas manteñen no auto engano. Quixemos adaptar a Natureza ao noso antollo e o que conseguimos é enfermala e enfermarnos.

A loita continúa

Nos anos setenta do século pasado os ecoloxistas xa poñían o berro no ceo vendo a deriva cara a que ía a humanidade, foron tachados de tolos. Agora, 40 anos despois vemos como o que se prevía, está a suceder. Non nos deixemos enganar coa nova pandemia do cambio climático onde nos dirán que vivimos por encima das nosas posibilidades, unha vez máis nun intento de facernos sentir culpables para que aceptemos todo tipo de restricións. Sempre houbo coñecementos de como facer as cousas ben, pero, xeralmente, optamos por facelas mal, por tirar pedras no noso tellado, e agora está cheo de pingueiras. En hindú a palabra AUSTERIDADE significa camiñar deixando a mínima pegada. Aínda que o poida parecer, non somos capaces de acabar co planeta que nos acolle, máis ben o que estamos a facer é acabar coas condicións que fixeron posible a vida nel. A maior capacidade tecnolóxica maior capacidade de destrución, cando debería de ser á inversa. No transfondo da esquilmación de recursos naturais subxace o egoísmo humano, o querer máis, producir máis para ter máis beneficios materiais a conta do que sexa, as propias relixións poñen a un creador “dando” aos humanos a dispoñibilidade de todo ser vivo que poboa o planeta. En realidade o que subxace detrás do egoísmo é o desmerecemento ancorado no subconsciente, esa é a causa de todo mal.

Plásticos / Acento.com.do

Cando me din que “a xente está mal” ou cando ves que alguén desexa a outras persoas que enfermen e mesmo que morran, eu digo “a xente xa estaba mal, só que o que está a pasar dalle a cada un a oportunidade de demostrar o que é.” E ao final de contas, pase o que pase, con ou sen nós, o Planeta Terra seguirá virando en torno ao sol. É no día a día, nos nosos actos onde debemos ser AUSTEROS, austeros sen renunciar á nosa liberdade.

Como dí Anxo Moure: “A LOITA CONTINÚA”.

ÚLTIMAS

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...