HomePolítica"A supresión de liñas ferroviarias perxudica aos usuarios do sur de Lugo",...

“A supresión de liñas ferroviarias perxudica aos usuarios do sur de Lugo”, aseguran os senadores populares

Os senadores do PP na provincia trasladan ao Goberno que a última supresión de liñas ferroviarias prexudica aos usuarios do sur de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o PP aseguran que Renfe segue eliminando as frecuencias ferroviarias na provincia. “Agora tócalle ao sur da provincia, cuxos usuarios se ven prexudicados polos cambios nos horarios das liñas que chegan da Coruña e Vigo, modificados coa escusa da chegada da alta velocidade ferroviaria”, aseguran os populares. Por este motivo, os senadores lucenses -José Manuel Barreiro, Rosa Arza, Manuel Varela e Juan Serrano- instarán ao Goberno de Pedro Sánchez a reparar “o grave dano” que está a causar aos usuarios do sur da provincia “con tal política de recortes”.

Segundo os populares estes cambios nos horarios provocaron que o organismo ferroviario abandonase as conexións das cidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo con Areas (Sober), Canaval (Sober), Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón e San Clodio-Quiroga. Sinalan que os trens da Coruña e Santiago con conexión en Vigo foron moi utilizados polos universitarios do sur de Lugo que estudan nas citadas cidades, especialmente os venres pola tarde para acudir á casa na fin de semana. “Agora Renfe deixounos sen esta posibilidade”, engaden.

Os populares formularán as seguintes preguntas na Cámara Alta:

  • Por que o Goberno de España segue prexudicando aos lucenses eliminando liñas de ferrocarril imprescindibles para a estruturación do territorio?
  • Que alternativas realistas e eficaces vai poñer en marcha o Goberno de España para que os usuarios das liñas procedentes da Coruña, Santiago e Vigo con parada en San Clodio-Quiroga poidan realizar este traxecto polas tardes como se facía antes?
  • Considera o Executivo que é ético deixar aos usuarios do sur da provincia de Lugo e, particularmente aos universitarios, sen unha vía de ferrocarril que lles permita regresar a casa polas tardes?

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Xenofobia ou fraude fiscal?

A polémica (parece que para algúns é o único obxectivo en política) xurdiu unha...

Quiroga será o primeiro municipio da provincia en contar cun mapa sociolingüístico escolar municipal

Henrique Monteagudo, José Luis Rivera Castro e Valentín García rubricaron o documento nun acto...

Imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

O Concello de Monforte de Lemos celebrou este luns pola tarde o Pleno extraordinario...

D.O. Ribeira Sacra: baixada de existencias e repunte de vendas

Nun comunicado de prensa, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra informa dun escenario...