HomeDeportesExcelente Campionato Alevín de Inverno do CN Monforte con ouro de Andrea...

Excelente Campionato Alevín de Inverno do CN Monforte con ouro de Andrea Gudín

Esta fin de semana, sábado 5 e domingo 6, disputouse nas piscinas Rías do Sur en Pontevedra o Campionato Alevín de Inverno ao que o Club Natación Monforte levou 5 nadadores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A esta competición o Club Natación Monforte desprazábase con 5 nadadores, 2 mozas e 3 mozos para demostrar as súas melloras e o seu nivel fronte aos mellores nadadores galegos, mozos do 2008 e 2009; mozas do 2010 e 2011.

Rompeu o xeo no 100 libres Nahia López, nacida en 2011, que rebaixou 7 segundos a súa mellor marca e o mesmo sábado, pola tarde, na 100 braza demostrou a súa gran mellora deixando parado o crono 11 segundos antes que o seu anterior rexistro.

Pola tarde, comezou a competición para os 3 mozos, todos os pequenos da categoría (2009) co 100 libres na que todos rebaixaron ostensiblemente as súas marcas persoais. Álvaro Pérez, a pesar de 2 semanas sen poder adestrar, demostrou as súas ganas de competir e mellorou 6 segundos; Luís Pérez, nun alarde de excelente técnica, case 12 e Martín Prats, enerxía pura e competitivo 100%, 14, o que supón a mínima para esta proba para o campionato galego de verán. Ademais, Martín Prats tivo un excelente rendemento nas súas outras 2 probas, a 100 braza, na que nadou excelentemente e a 100 bolboreta cuxo primeiro 25 foi velocísimo, mellorando os seus anteriores cronos en 6 e 2 segundos respectivamente.

En canto á actuación de Andrea Gudín, comezou a súa participación o sábado pola mañá co 200 braza, a súa proba favorita e unha mala viraxe, carrexoulle unha descualificación, un detalle mínimo pero que a nadadora entendeu que é un aspecto para mellorar, unha pena porque sería primeira e con mínima para competir no campionato de España de verán. Á tarde, na 100 braza, superou o contratempo anterior, rebaixou a súa marca en 4 segundos e impúxose cunha excelente marca que é mínima para o campionato de España. O domingo á mañá, no 200 libres, deu a sorpresa, xa que ía cuarta na listas de saída e acabou colgándose outro ouro cunha rebaixa máis que sorprendente da súa marca de inscrición de 21 segundos, quedándose a tan só 1 segundo e 3 décimas da mínima do CCEE. A última proba, os 200 estilos, foi brillante pero de novo, unha descualificación nas viraxes, impediulle subirse de novo todo o máis alto do caixón. Realizou unha excelente marca, rebaixando en 14 segundos o seu tempo de inscrición e tamén foi mínima para o campionato de España de verán.

CN Monforte no Campionato Alevín de Inverno / CN Monforte

Un campionato excelente, por parte de todos os compoñentes do club natación Monforte, que ven os froitos dos seus adestramentos nas competicións. A próxima fin de semana, os benxamíns e alevíns desprazaranse a Ourense para disputar a súa liga territorial e a sección máster, con moito debutante nas súas filas, competirá en Mos, na terceira xornada da liga galega máster, unha competición que servirá como pedra de toque para o campionato de España que se celebrará en Pontevedra dentro dun mes.

ÚLTIMAS

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...