HomesociedadeArela explica no IES A Pinguela a Lei do Menor

Arela explica no IES A Pinguela a Lei do Menor

Os alumnos de 3º da ESO e os de 1º FP Básica do IES A Pinguela participaron nuns relatorios que Zaira Santos Gil, da asociación Arela, ofreceu no IES A Pinguela, denominada Ktorce-18.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A de 3º ESO tratou sobre prevención do acoso escolar e a de 1º FPB, sobre prevención de condutas infractoras. Baixo o nome Ktorce-18 infórmase de como a Lei do Menor afecta aos adolescentes españois de entre 14 e 18 anos, delitos que abarca e correccións que permite aplicar.

Con este programa, que conta coa colaboración da Fundación Barrié, quérese ofrecer prevención cando os mozos aínda poden facer fronte ás condutas perigosas para eles, para a sociedade e para o seu futuro.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores e facilítalle os terreos

Desde o concello de Folgoso do Courel aseguran que poden dar este paso despois...

A muralla medieval de Monforte, entre o deterioro e o bloqueo pola propiedade: o BNG pide actuar e a Xunta remite aos titulares

O deputado do BNG Iago Suárez formulou este martes na Comisión de Cultura unha...

Este 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da vida no rural

A protagonista será Loyda López Pérez, unha emigrante retornada, que con sete anos marchou...

Unha ruta gratuíta do Barco á Rúa convida a percorrer o Camiño de Inverno o 3 de outubro

Unha ruta a pé de 12,65 quilómetros para a que se habilitan 60 prazas....