HomeDeportesGran actuación da nadadora Andrea Gudín no Campionato de España alevín celebrado...

Gran actuación da nadadora Andrea Gudín no Campionato de España alevín celebrado en Málaga

A competición celebrouse na piscina José Eduardo Hernández de Torre do Mar en Vélez-Málaga do 25 ao 27 de febreiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Campionato de España alevín por comunidades autónomas contou cunha gran actuación da nadadora do C.N. Monforte, Andrea Gudín Pérez e de toda a expedición galega.

Andrea logrou a súa mellor marca en 100 braza referendando a súa mínima nacional, terminando 4ª da xeral. Na 200 braza, MMP e mínima acabando 5ª. Nos 200 estilos MMP 13ª. Nos 400 estilos rebaixou 21 segundos o seu MMP e acabou 12ª. Nas substitucións, MMP no 4×100 libres acabando en 5ª posición e preto das súas marcas en 4×200 libres e 4×100 libres no que nadou a posta de braza.

A selección galega terminou 7ª na clasificación feminina, 9ª en masculina e 6ª da xeral. Unha fin de semana intensa no que Andrea nadou estas 7 probas a gran nivel, demostrando que está entre as mellores nadadoras do país.

ÚLTIMAS

O Goberno inviste 3,2M€ na mellora da N-120 ao seu paso por Quiroga

Durante a visita, Olimpia López destacou que esta actuación forma parte do “esforzo inversor...

O programa Emega impulsou en Sarria 4 negocios liderados por mulleres

Coa convocatoria do programa Emega de emprendemento feminino correspondente ao 2025, a Consellería de...

Alberto Fidalgo acada outro 3º posto en Marcha Nórdica

O taboadés Alberto Fidalgo volve ser noticia tras alcanzar o terceiro posto no podio...

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...