HomeCulturaEntroido tradicional no Courel e Monforte prepárase para o desfile

Entroido tradicional no Courel e Monforte prepárase para o desfile

O entroido que está a piques de rematar celebrouse este ano no sur da provincia case coma antes da pandemia. Este martes terá lugar en Monforte o desfile de comparsas e carrozas no que participarán máis de 700 persoas, e noutros concellos moitas parroquias retomaron con ilusión a celebración do entroido que, en moitos casos levaba decenas de anos sen celebrarse.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As citas máis tradicionais do entroido na zona sur, o Entroido Ribeirao e o Oso de Salcedo, este ano seguiron padecendo as consecuencias da pandemia, o primeiro non se celebrou e o segundo tivo un acto simbólico este luns no que se homenaxeou ao oso.

Pero aínda así había na xente intención de gozar destas festas e a maioría dos concellos vestíronse de entroido grazas ás iniciativas veciñais que nalgúns casos recuperaban a celebración despois de décadas.

Entroido O Courel 2022 / Ampa CPI Poeta Uxío Novoneyra

No concello de Folgoso do Courel despois do parón da pandemia, esta fin de semana a veciñanza gozou de dous días de entroido. Percorréronse unha chea de aldeas para recuperar un antroido tradicional que estaba a piques de morrer. Están moi satisfeitos co resultado porque cada vez se foi unindo máis xente e os pibos agardan con muito intusiasmo a chegada da festa.

Entroido O Courel 2022 / Ampa CPI Poeta Uxío Novoneyra

E Monforte celebra este martes o día grande do entroido co desfile de comparsas e carrozas que partirá ás 17.00h da Praza da Estación. Desfilarán 718 persoas, 16 comparsas con 3 comparsas de máis de 90 integrantes, outras 3 de entre 51 e 90 e 4 de entre 25 e 50 integrantes. Completarase o desfile con disfraces individuais e outras comparsas de menos persoas.

Entroido O Courel 2022 / Ampa CPI Poeta Uxío Novoneyra
Entroido O Courel 2022 / Ampa CPI Poeta Uxío Novoneyra

ÚLTIMAS

O Concello de Chantada informatiza as reservas para a utilización das Pistas de Pádel e de Tenis

O Concello de Chantada instalou no 2023 unha nova Pista de Pádel na Área...

O PP esixe a Tomé igualdade de trato aos veciños de Monforte xa que “está a crear veciños de primeira e de segunda”

A voceira popular, Katy Varela, explica que no barrio de Catro Ventos, unha zona...

O BNG reclamará no Senado a reparación urxente do regadío Val de Lemos e a condonación da débeda á comunidade de regantes

A moción, que será debatida este mércores, 5 de xuño, insta á Confederación Hidrográfica...

Opinión: De anchoas, auga e emoción

Recentemente tivo lugar unha polémica referente ao chiringuito situado á beira do río Cabe,...