Homesociedade"O Courel dos tesos cumes" nas V Xornada de Divulgación Científica do...

“O Courel dos tesos cumes” nas V Xornada de Divulgación Científica do Museo de Lugo

“O Courel dos tesos cumes”, que se celebrará o 25 de marzo, incluirá relatorios sobre as formas de ocupación deste territorio ao longo da historia e unha visita ao castro da Torre.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O territorio e a arqueoloxía do Courel centrarán a V edición da Xornada de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense, que se celebrará o vindeiro o 25 marzo no Pazo de Marcos baixo o epígrafe “O Courel dos tesos cumes”

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro e as persoas coordinadoras da xornada, a directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, e o arqueólogo Iván Álvarez Merayo, presentaron esta mañá o programa que inclúe relatorios sobre os modelos de ocupación deste parte do territorio ao longo da historia e sobre os restos materiais conservados no Museo de Lugo, así como unha mesa redonda sobre a necesidade de transferencia e divulgación do coñecemento para a posta en valor do patrimonio arqueolóxico courelán.

Como novidade con respecto a outras edicións, a xornada inclúe este ano unha visita ao castro da Torre (Sobredo, Folgoso do Courel), guiada por Iván Álvarez Merayo, para coñecer de primeira man o traballo de campo no ámbito da arqueoloxía.

Este xacemento será protagonista tamén dunha exposición divulgativa monográfica realizada ao abeiro da xornada, que se inaugurará na sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Museo de Lugo cunha visita técnica explicativa a cargo de Aurelia Balseiro e que se ofrecerá despois para itinerancia por outros espazos expositivos, culturais ou educativos.

“Desde a Vicepresidencia non podemos máis que apoiar esta iniciativa, xerar espazos de encontro para filtrar estes coñecementos á sociedade e fomentar o estudo do noso, da natureza, arqueoloxía, etnografía e historia. Porque só desde ese punto outorgaremos o valor que merece e seremos quen de avanzar cunhas raíces fortes”, sinalou Maite Ferreiro.

A participación nestas xornadas sobre arqueoloxía e territorio poderase realizar en modalidade presencial ou en liña, asignándose as prazas por rigorosa orde de inscrición, previa e de balde, cubrindo o formulario dispoñible en www.redemuseisticaluga.org Para obter o diploma acreditativo á xornada de oito horas de duración, será preciso asistir ao 75% das sesións.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...