HomeEconomíaEstar no 'Mondial des Vins Extremes', factor diferencial para DO como a...

Estar no ‘Mondial des Vins Extremes’, factor diferencial para DO como a Ribeira Sacra

"Estar aquí é a maneira de diferenciarnos nun mundo tan global", dicía o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, na entrega de premios da última edición do 'Mondial des Vins Extremes'. O acto tivo lugar este venres 4 de marzo no Centro do Viño da Ribeira Sacra. Coñecemos os viños galardoados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro do viño de Ribeira Sacra acollía este venres 4 de marzo a entrega de premios da última edición do Mondial des Vins Extremes. Na cita estiveron representantes das adegas galardoadas, membros do C.R.D.O.R.S. e unha representación dos municipios da Denominación cuxas adegas recibían premio: Sober, Pantón, Chantada, A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.

O presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, repasaba a traxectoria da D.O. Ribeira Sacra neste certame e esperaba seguir recuperando progresivamente a normalidade, “Que sigamos participando nestas catas é unha das cousas que nos diferencia doutras zonas vitícolas. Hai que lembrar a Suso Conde e Suso Verao que hai case 30 anos foron a recoller os premios a Aosta. Estar aquí é a maneira de que nos diferenciemos nun mundo tan global. Despois destes dous anos parece que isto escampa e que imos poder recuperar todas esas citas que nos xuntan”.

Entrega de premios do ‘Mondial des Vins Extremes’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra (Monforte. Fonte: Prensa do CRDORS

A D.O. Ribeira Sacra presentaba este ano 53 mostras, 44 de tintos e 9 de brancos, pertencentes a 27 adegas e obtivo 21 medallas, 14 de ouro e 7 de prata.

MEDALLAS DE OURO

  • Castro das Saiñas 2019 de Adega Saíñas C.B. (Pantón)
  • Sabatelivs 2020 de Adegas e Viñedos Lareu S.L. (Chantada)
  • Acivro 2020 de Adegas Salvadur S.L. (A Pobra do Brollón)
  • Almanova 2019 de Alma das Donas S.L. (Pantón)
  • Prómine Singular 2020 de Bodegas Petrón S.L. (Sober)
  • Rectoral de Amandi 2020 de Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U. (Sober)
  • Condado de Sequeiras 2017 de Grupo Peago S.L. (Chantada)
  • Condado de Sequeiras 2019 de Grupo Peago S.L. (Chantada)
  • Estrela 2020 de D’Fran S.C. (Sober)
  • Don Bernardino 2020 de Don Bernardino S.L. (Sober)
  • Vacamulo 2017 de Don Bernardino S.L. (Sober)
  • Finca Cuarta por Rubén Moure 2020 de Rubén Moure Fernández (Sober)
  • Ciudáseis 2019 de Mª Gloria Alvarín Losada (Monforte de Lemos)
  • Regina Expresión 2017 de Regina Viarum S.L. (Sober)

MEDALLAS DE PRATA

  • Matilda Nieves 2020 de Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U (Sober)
  • Don Bernardino 2020 de Don Bernardino S.L. (Sober)
  • Don Bernardino Finca Mezquita 2016 de Don Bernardino S.L. (Sober)
  • Décima 2020 de José Manuel Rodríguez González (Sober)
  • Ciudáseis 2020 de Mª Gloria Alvarín Losada (Monforte de Lemos)
  • Val da Lenda 2020 de Víctor Manuel Rodríguez González (Sober)
  • Viña Frieira 2020 de Carlos Fernández Rodríguez (Sober)

MONDIAL DE VINS EXTRÊMES

Trátase dun certame que organiza o CERVIM, o concurso enolóxico máis importante reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos extremos: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en zonas da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas. Este centro de investigación, estudo e valorización dos viños de montaña, busca poñer en valor a produción en terreos complexos no que respecta á orografía e tamén aqueles viños singulares, con personalidade moi definida. Neste senso, tamén se valoriza, de cara aos consumidores, o duro traballo dos viticultores destes territorios.

A D.O. Ribeira Sacra é un dos máximos expoñentes mundiais deste tipo de viticultura que hoxe se coñece como viticultura heroica.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...