HomesociedadePremiado en Monforte o novo talento e o emprendemento empresarial da provincia

Premiado en Monforte o novo talento e o emprendemento empresarial da provincia

O Parador de Turismo de Monforte acollía este venres a entrega dos VIII Premios AJE Lugo, organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo. Participaron da inauguración, entre outras autoridades, o Vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde e o alcalde de Monforte e Presidente da Deputación Provincial, José Tomé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Francisco Conde agradeceu tanto á Asociación de Xoves Empresarios de Lugo como ao conxunto de emprendedores da provincia o seu compromiso por construír unha Galicia en positivo, a pesar do complexo escenario. Conde puxo de relevo a capacidade de resistencia e de adaptación aos cambios que están a demostrar os empresarios galegos e lucenses. Como exemplo, lembrou que Galicia está a vivir o seu mellor ciclo exportador, e que as exportacións da provincia sumaron en 2021 un total de 723 millóns de euros, un 23,6% máis que no ano anterior. Ademais, medraron nun 8,8% en comparación con 2019, é dicir, melloraron os resultados prepandemia. En 2021 botaron a andar na provincia de Lugo 363 empresas, case unha ao día, un 13,4% máis que o ano anterior, e de novo situándose por riba das cifras anteriores á covid. Así, o ano pasado constituíronse 15 empresas máis en Lugo que en 2019

Pola súa banda José Tomé Roca puxo en valor o compromiso de AJE “coa promoción e coa difusión da cultura emprendedora, coa innovación empresarial e coa creación de emprego” e recoñeceu a importancia dos empresarios e empresarias galardoados, que “representan o talento e a capacidade de emprendemento que precisa Monforte, a Ribeira Sacra, a provincia de Lugo e Galicia para progresar”.

Os Premios AJE constitúense coma unha mostra “do talento, das ideas e das oportunidades que ten a nosa xente nova e o noso territorio”, un territorio do que o Presidente insistiu en desterrar o calificativo de baleiro: “Non hai unha provincia de Lugo baleira, nin unha Galicia baleira. Hai unha provincia de Lugo e unha Galicia chea de talento, de ideas e de oportunidades”. Tamén recordou o compromiso co tecido empresarial das dúas administracións que xestiona, como os plans especiais de apoio ós sectores produtivos para axudar a paliar os efectos da crise sanitaria.

En Monforte referiuse á posta en marcha de accións coma o Programa de fomento da iniciativa empresarial, polo que dende o Concello se conceden anualmente axudas ás empresas que xeren novos postos de traballo ou de autoemprego. Tamén destacou a posta en marcha de diversos Obradoiros de Emprego ou o programa Coworking Ribeira Sacra, que este ano alcanzará a súa 6ª edición e do que saen novos proxectos de negocio.

O Polígono do Reboredo, unha oportunidade de chan industrial para os empresarios

O Alcalde de Monforte tamén salientou o traballo desenvolvido dende o Goberno municipal para dinamizar e impulsar o Polígono industrial do Reboredo do que só quedan tres parcelas por vender e no que se instalará un viveiro de empresas, “un polígono no que hai uns anos ninguén cría, do que ninguén falaba, e que dende o Concello decidimos dinamizar e desenvolver, a través dun intenso programa de promoción e dunhas melloras moi importantes”.

VIII Premios AJE

Os premiados e premiadas foron os seguintes:
-Na categoría de Accésit Innovación 2021: INNOGANDO
-Na categoría de Accésit Responsabilidade Social Empresarial 2021: MEDRAR SMART SOLUTIONS
-Na categoría de Premio Xove Iniciativa Emprendedora 2021: MFC.ARQ
-Na categoría de Premio Xove Empresario/a 2021: ESTATI.CO

ÚLTIMAS

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...

Convenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Mos

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para...