HomePolíticaUn cemiterio abandonado, denuncian os populares de Monforte

Un cemiterio abandonado, denuncian os populares de Monforte

O Grupo Municipal de Monforte de Lemos, que lidera Katy Varela, presentará no vindeiro pleno unha moción para esixir de novo ao goberno local unha ordenanza municipal que solucione o abandono no que está o cemiterio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta sería a segunda vez que os populares levan este asunto a pleno en seis meses e despois de aprobarse inicialmente segue sen haber normativa para estas instalacións.

“O seu estado é lamentable. As obras están inacabadas e o feísmo que supón é máis que constatable”. Proba delo, explica Katy Varela, é a canaleta da auga do fondo ou incluso o edificio da entrada que leva a medio facer dende hai anos. “Ademais, zonas da parte máis antiga están en absoluta ruína. Tamén hai tumbas abandonadas con lápidas rotas e que o Concello debería solucionar.”

Cemiterio Monforte 2022 / PP de Monforte

Esta situación, “da que somos coñecedores todos os veciños”, urxe a creación dunha ordenanza, insisten dende o PP. Por iso, agardan que, desta vez, o equipo de goberno “veña cos deberes feitos e nola presente. É polo ben de todos”, conclúen.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...