HomeCulturaOs monicreques de Trécola o día 31 no Multiusos de Monforte

Os monicreques de Trécola o día 31 no Multiusos de Monforte

O Concello de Monforte presenta este xoves, 31 de marzo, ás 18:00 h unha representación para público infantil e familiar con entrada libre e gratuíta no salón de actos do Edificio Multiusos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A compañía Trécola Producións porá en escea, Saga de Flin Havardr, unha obra orixinal desta compañía, representada por marionetas de fíos e música en directo da mán de Pablo Pintor e no que participan Isa G. Coldeira, Ero Vázquez Cabrera e Pablo Pintor.

Esta obra teatral está incluída no ciclo Monicreques do Circuíto de Teatro Profesional da Deputación de Lugo, da súa Área de Cultura. A entrada é gratuíta e a súa entrega farase dende unha hora antes da actuación, ás 17:00 h, e a entrada o salón de actos realizarase ás 17:45 h.

Sinopse

Eran as sagas unha cantiga á heroicidade de grandes guerreiros vikingos fortes e valientes, que abandoaban as súas terras ermas e denostadas polo clima nórdico e zarpaban nos seus drakar para conquistar outros pobos na procura de alimento e tesouros.

Non é o caso da Saga de Flin Havardr… un pastor que vislumbra nun sono as súas proezas como guerreiro e que na realidade leva a cabo unha viaxe inesperada acompañado por unha tripulación moi particular que nada ten de forte ou valiente aínda que abonda en creatividade. Conseguirán chegar a unha terra fértil e fermosa a conta da morriña dun dos seus tripulantes. Conquistarán ou serán conquistados?.

A seguinte obra do ciclo de teatro para público adulto en Monforte será Tabú da compañía Tarabela Creativa que terá lugar o xoves, 7 de abril, no Edificio Multiusos ás 20:15 h..

ÚLTIMAS

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...