HomeDeportesNoa Díaz, piragüista do Quixós, estelar na II Copa de España de...

Noa Díaz, piragüista do Quixós, estelar na II Copa de España de augas bravas de Lleida

Terceiro posto por equipos para o club monfortino e un total de 11 medallas individuais.

Publicado o

- Advertisement -

Longa viaxe dos deportistas do Club Quixós a terras catalás para disputar a Copa de España de Piragüismo na modalidade de Sprint e Clásica esta pasada fin de semana.

Viaxe a Lleida que pagou a pena pois na primeira xornada do sábado 2 de abril, en Ponts, acadaron 5 medallas individuais e Noa Díaz estivo a un nivel estelar. A padeeira monfortina acadou 2 medallas de ouro en C-1 e K-1 cadete. Xunto a ela alcanzaron os metais, Efrén cun ouro en C-1 e unha prata en K-1 cadete e Claudio cun segundo posto en C-1 xuvenil.

A expedición monfortina do desprazada a Lleida. Foto: Club Quixós

O domingo 3, na segunda xornada da competición nacional en Camarasa, tiña lugar a modalidade Clásica. Noa foi a primeira en K-1 e en C-1 cadete, Efrén, medalla de ouro en C-1 cadete e Claudio e Gabriel terceiros en C-2 senior. No caso do monfortino Claudio comentar, como curiosidade, que competía só en C-1 junior e foi primeiro, claro. En total 5 medallas máis para a expedición monfortina presente no campionato nacional.

No global das dúas xornadas o Club Quixós quedou terceiro por equipos, un posto moi meritorio que recompensa a constancia e o traballo deste grupo encabezado polo director deportivo Santi Díaz.

Podium por equipos. Foto: Quixós

CONVOCATORIA DEPORTIVA

Santi Díaz coméntanos que Noa e Efrén, as dúas promesas máis destacadas do club, marchan este xoves para os Pirineos convocados pola Federación Galega de Piragüismo.

ÚLTIMAS

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...