HomeMovementos sociaisAs asociacións da Ribeira Sacra solicítanlle á Xunta ser escoitadas

As asociacións da Ribeira Sacra solicítanlle á Xunta ser escoitadas

O documento que presentan conta coa adhesión de colectivos dos concellos de Carballedo, Chantada, Sober, Pantón, Ribas de Sil, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón e Paradela. O propósito destes colectivos é dirixirse á Xunta de Galicia e ao consello de expertos para que sexan tidos en conta no proceso de candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta semana varias asociacións culturais, veciñais e comunidades de montes da Ribeira Sacra rexistraron na sede da Xunta de Galicia un documento coas conclusións unánimes do encontro que celebraron o pasado 12 de marzo en Vilachá de Salvadur.

Estas asociacións reclaman a convocatoria de espazos de participación (Consellos de Parroquias e a Mesa Interdepartamental), máis información á veciñanza e unha maior atención, medidas e proxectos arredor do patrimonio inmaterial e a vexetación autóctona.

Solicitan ademais a revisión da cartografía e a revisión do rigor histórico, segundo os datos que achegan as asociacións, como paso previo á posible corrección de erros. E piden a organización de charlas informativas nas parroquias da Ribeira Sacra para atender as dúbidas da veciñanza con respecto á nova normativa emanada de Rede Natura, da Reserva da Biosfera e o posible impacto de ser declarada Patrimonio da Humanidade, así como información sobre as axudas e liñas de subvención.

Próxima reunión o 23 de abril en Tuiriz, Pantón

Os colectivos anunciaron que o día 23 de abril volverán celebrar unha reunión en Tuiriz (Pantón) para continuar articulando o espazo de participación veciñal. O obxectivo é crear un lugar de comunicación entre os movementos de base, veciñais e culturais e comunidades de montes. Convidan a todas as asociacións da Ribeira Sacra da zona da provincia de Lugo a participar e colaborar nun proxecto que consideran común pero que sobre todo terá un impacto inmediato sobre os habitantes destas parroquias.

Os colectivos consideran que ata o de agora non foron escoitados nin convocados a ningunha reunión onde expresar as súas propostas. Estas asociacións tamén se dirixirán á Deputación de Lugo, en concreto á área de Turismo e a Presidencia, para que como institución accedan a manter un diálogo sobre distintos aspectos que afectan á realidade social, cultural e turística das parroquias da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez,...

II Foro de Innovación Empresarial este 14 de xaneiro en Chantada

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o secretario xeral da CEL, Jaime...