HomeMedio ambiente e PatrimonioObradoiro de pedra seca en Quiroga do 23 ao 29 de maio

Obradoiro de pedra seca en Quiroga do 23 ao 29 de maio

Quiroga acollerá un taller de pedra seca e arte contemporáneo entre os días 23 e 29 de maio dirixido ao público en xeral.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A alvariza de Bustelo de Fisteus formará parte deste  obradoiro organizado polo departamento de Acción Cultural Española, Teu Xacobeo e o Concello de Quiroga. No taller, impartido por varios  profesionais da construción, poderanse aprender os fundamentos básicos da técnica construtiva en pedra seca e experimentar o proceso de creación dunha proposta de Arte Contemporánea na paisaxe, da man da artista plástica  Lucia Loren.

Os obxectivos principais céntranse en contribuír á divulgación dos valores culturais, paisaxísticos e ecolóxicos que achegan estas construcións e achegalos de maneira  experiencial ao público, a través dun proceso de creación colaborativo. Para participar requírese inscrición previa no correo cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es.

A proposta de actuación materialízase na rehabilitación dunha  alvariza en desuso, cuxa función principal foi a de protexer ás colmeas de depredadores, que como o oso, habitaron ata metade do século  XIX nestes montes. Proponse a creación dun proxecto de arte pública no interior da alvariza de Bustelo, que consolide un espazo de encontro socio-cultural, aproveitando a súa privilexiada situación xeográfica e o potencial simbólico desta estrutura que convida o encontro xa o colectivo.

        

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...