HomeDeportesO equipo xuvenil do CD Korbis logra o pase ao Campionato de...

O equipo xuvenil do CD Korbis logra o pase ao Campionato de España

O Club Voleibol Ribeira Sacra quedou cuarto clasificado no campionato que gañou en Monforte, Arenal Emeve.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As semifinais disputáronse pola mañá; o Arenal Emeve impúxose por un claro 3 a 0 ao Ribeira Sacra; a continuación o Korbis e o Calasancias disputaron un igualadísimo choque no que se tiveron que disputar os cinco sets e que caeu ao lado das coruñesas.

Na loita pola terceira praza e a clasificación para o Campionato de España o Korbis derrotou por 3 a 1 ao Ribeira Sacra nun disputado partido que abarrotou de público o pavillón da Pinguela.

O CD Korbis clasifica así a outro dos seus equipos para o campionato de España, estas únense aos dous equipos infantís con praza xa garantida. As xuvenís dirixidas por Roberto Castro viaxarán a Las Palmas de Gran Canaria para disputalo.

ÚLTIMAS

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...