HomeCultura"Adolescentes, familias confundidas", proposta de aulABERTA o día 4 de maio en...

“Adolescentes, familias confundidas”, proposta de aulABERTA o día 4 de maio en Monforte

O Salón de Actos da Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o día 4 de maio a partir das 20:15 unha nova actividade da Asociación cultural, educativa e Social aulABERTA, despois de dous anos de inactividade pola pandemia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

AulAberta retoma as charlas educativas este mércores, día 4 de maio. Baixo o título, Adolescentes, Familias confundidas, Manuel Isorna, doutor en Psicoloxía e profesor da Universidade de Vigo, abordará cuestións como a globalización de Internet, as redes sociais, o emprego do teléfono móbil, o acceso á pornografía e os videoxogos unido aos tradicionais problemas vinculados ao consumo de alcohol e drogas.

“O labor de educar é cada vez máis complicado e moitos pais e as nais teñen a sensación de andar desorientados cos seus propios fillos/-as. Nais, pais e educadores/as vivimos nunha sociedade cargada de urxencias e responsabilidades que apenas deixa tempo para pensar”, sinalan desde AulAberta.

Respaldan a Manuel Isorna publicacións como “Trastorno por Déficit de Atención con Hisperactividad (TDAH)”, “El consumo de cannabis y sus derivados”, “Cannabis: evidencia científica vs. controversia social” ou “Cannabis: efectos, riesgos y beneficios terapéuticos”.

ÚLTIMAS

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...