HomeCultura'Filipa cos contos': contos e cantos coa sabia Filipa en Chantada

‘Filipa cos contos’: contos e cantos coa sabia Filipa en Chantada

O espectáculo de narración oral para cativas e cativos a partir de 3 anos será o vindeiro 14 de maio na Biblioteca Municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Biblioteca Municipal do Concello de Chantada acolle o vindeiro sábado, 14 de maio, ás 12:00 h. unha sesión de contos tradicionais, populares e inventados para a cativada. O espectáculo de narración oral incorpora música e cancións en directo para contar e cantar.

Conta con dous narradores: un actor e contador, Fran, e un monicreque que manexa o propio actor: Filipa. Entre os dous vanse repartindo as historias, relacionándose entre eles e ó mesmo tempo co público.

A música en directo, as cancións, os contos cantados… animan á participación do público. Unha mestura que vai acadando a atención dun público familiar. 

Unha sesión “filipante” de contos para toda a familia: historias tradicionais, contos populares, contos de autoras e autores galegos, contos inventados, cancións e música en directo, humor… e moita participación do público. Unha sesión de narración oral, en definitiva, entre os dous contadores que suben a escena: Fran e a súa amiga, a sabia Filipa.

A actuación forma parte do ciclo de animación á lectura “Ler Conta Moito”, unha acción que impulsa dende hai varios anos a Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Municipais.

ÚLTIMAS

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...