HomeCulturaEntrega dos premios do XXIX Certame Municipal de Teatro para Centros de...

Entrega dos premios do XXIX Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, entregou este mércores pola tarde os premios correspondentes ó XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, que se celebrou dende o 27 de abril ata o 18 de maio no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde do Concello, Gloria Prada, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, e o concelleiro de Servizos, José Luís Losada.

Tras o visionado dun vídeo resumo das actuacións dos diferentes centros educativos participantes, o rexedor monfortino fixo entrega a cada un dos representantes de ditos centros da gravación, nun lápiz de memoria personalizado con logo do Concello e o nome do certame, das obras representadas, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.

Os centros educativos que recibiron o galadón foron:

  • CEE  Infanta Elena, coa obra “Los sueños de Cloti”.
  • Colexio Ferroviario, coa obra “A estatua.
  • CEIP A Gándara, coa obra “O testamento do tío Nacho.
  • CEIP de Monforte, coa obra “Vida e cores”.
  • IES Río Cabe, coa obra “O soño do Novelo nunha noite de verán.
  • IES A Pinguela, coa obra “A rateira”.
  • E obra de Prodeme (asociación convidada), “Néboa no bigote”, está pendente de ser escenificada, xa que no día previsto non se puido representar debido a un brote de coronavirus entre algúns dos actores da mesma.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...