HomeCulturaAberto o prazo de inscrición para o acceso ó Conservatorio Municipal “Mestre...

Aberto o prazo de inscrición para o acceso ó Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez”

O prazo de inscrición para o acceso ó Conservatorio Municipal de Monforte “Mestre Ibáñez” para o curso académico 2022/2023, nos distintos cursos e especialidades ofertados, quedou aberto dende o 20 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O prazo para inscribirse na proba acceso ó 1º curso de grao elemental (proba de aptitude musical que non require coñecementos musicais previos) está aberto ata o 17 de xuño.

A inscrición será gratuíta e poderase facer presencialmente na Secretaría do Conservatorio Municipal ou ou descargando a solicitude de proba de acceso na Sede Electrónica ou da web do Concello de Monforte, enviándoa debidamente cuberta ó correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com.

A proba de aptitude musical terá lugar o día 20 de xuño ás 17:00 horas.

O prazo para inscribirse na proba de acceso ó 1º curso de grao profesional (pase de grao) é do día 20 ó 25 de maio.

A inscrición poderase facer presencialmente (coas medidas de seguridade por mor da Covid-19) na Secretaría do centro ou descargando a solicitude de proba de acceso e o impreso de autoliquidación na Sede Electrónica ou na páxina web do Concello de Monforte,  enviándoa debidamente cuberta e co extracto do recibo pagado das taxas ó correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com. Esta proba de pase de grao terá lugar o día 26 de maio ás 16 horas.

Finalmente, a inscrición na proba de acceso a outros curso das ensinanzas elementais ou profesionais, realizarase do 20 de maio ó 17 de xuño. A inscrición poderase facer presencialmente na Secretaría do Centro ou descargando a solicitude proba de acceso e o impreso de autoliquidación  na sede electrónica, da páxina web do Concello de Monforte, enviándoa debidamente cuberta co extracto do recibo pagado das taxas ó correo do centro:  conservatorio@concellodemonforte.com. Esta proba terá lugar o día 23 de maio ás 16 horas.

O prazo de matrícula en xeral xeral para o vindeiro curso 2022/23, estará aberto do día 30 de maio ó 28 de xuño e poderá realizarse na secretaría do centro ou enviándo os documentos debidamente cubertos e co extracto do recibo pagado das taxas ó correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com

Especialidades ofertadas curso 2022/2023

  • Piano                       
  • Guitarra                           
  • Trompa
  • Clarinete      
  • Violín                                            
  • Trompeta
  • Saxofón                   
  • Percusión                       
  • Trombón

Para mais información, os interesados e interesadas poden contactar co Conservatorio Municipal a través do teléfono 982 403 893, en horario de atención ó público de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 horas.

Actos previstos de Fin de Curso

Por outra banda, o Conservatorio organiza 2 actos para pechar o curso académico.

Dunha banda, o Festival fin de curso, que terá lugar o día xoves 2 de xuño, no Auditorio do Edificio Multiusos ás 19:00h. Correrá a cargo do alumnado do conservatorio e as actuacións realizaranse de forma individual, a dúo, en grupos de conxunto, orquestra e coro. Este Festival está dirixido a todo o público en xeral e é con entrada gratuita

E doutra banda, a VIII Xornada do Conservatorio na rúa, que terá lugar o xoves día 9 de xuño, entre as rúas Cardenal e Hermida Balado a partir das 19:00h. Este evento desenvolverase ao aire libre creando nestas rúas peonís puntos musicais con distintos instrumentos. Participarán alumnos/as e profesores/as do Conservatorio.

ÚLTIMAS

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...