InicioOpiniónOpinión: Game Over

Opinión: Game Over

Os últimos datos da Comisión Nacional de Mercados e Competencia (CNMC) cifra en 48.000 millóns de euros os cartos que o Estado perde por sobrecustos na obra pública. É decir, o que se contratou por 20 acaba custando 40.

Publicado o

POR
Andrés Pavón
- Advertisement -

Se ben a inflación paralizou boa parte da obra pública porque as empresas non poden facer fronte ao custo dos materiais ou mesmo garantir que éstes lles cheguen, a construción de vías e infraestruturas a cargo do Estado segue a ser un negocio do máis lucrativo e en mans dos de sempre. O problema non é só que ese reparto non sexa máis equitativo. Hai outras eivas. Por exemplo, os últimos datos da Comisión Nacional de Mercados e Competencia (CNMC) cifra en 48.000 millóns de euros os cartos que o Estado perde por sobrecustos na obra pública. É decir, o que se contratou por 20 acaba custando 40. O empresario de turno, chamémoslle, Florenciano Peixe, ou o banco que é accionista maioritario dunha empresa de construción ou mesmo varios bancos e varias empresas nunha UTE fan unha proxección de gasto que presentan a un concurso público. Pero logo resulta que o que cobran non é o que se comprometeron a cobrar cando fixeron -e gañaron- a oferta.

Tampouco parece que esta situación vaia cambiar a medio prazo. Coa crise post-pandemia e a guerra de Putin hai excusas abondo para manter a especulación financieira durante anos. A pagar toca. E iso que a contratación pública supón o 15% do PIB…unha cifra que merecería máis mecanismos de control.

Que os xubilados lles expliquen onde están desaparecendo os cartos

Tal vez sería unha boa opción que os xubilados que diariamente visitan as obras puideran falar cos responsables das administracións públicas e explicarlles por onde están desaparecendo os cartos. Seguro que teñen un don para a vixilancia ben máis aguda que a dos funcionarios responsables. Todos lembramos obras e proxectos inxustificables que se fixeron por toda España e que nunca terían chegado a erguerse se alguén tivera consultado cos xubilados.

En fin, arranxar 10 quilómetros de pista pode sair en 250.000 euros e rehabilitar unha fonte non baixa de 30.000. Tarifas moi suculentas que non agrada deixar escapar. Total…xa se sabe que a corrupción é riqueza.

Diñeiro | Fonte: Europa Press

Pero esta situación de obras que custan o que non valen contrasta cos niveis baixos de destino dos cartos públicos. Tramitar subvencións ou axudas por baixo dos 5.000 euros require pasar unha serie de controis que non os hai nin na porta da CIA. Aquí, no sur de Lugo, cunha poboación envellecida e poucas solucións administrativas, a cousa aínda se agrava. Para empezar, os organismos públicos fan agora o que os bancos fixeron toda a vida: só se da financiación a quen é capaz de demostrar que non o necesita.

O muro electrónico

Certificados electrónicos que hai que pagar cada dous anos, sinaturas vencelladas a eses certificados que tamén hai que pagar periódicamente, taxas que hai que pagar por comunicar unha información que son as administracións quenes a necesitan, claves informáticas…un auténtico labirinto peor que os descritos por Kafka en O Proceso e O Castelo. Así que non queda outra que acudir ás xestorías -benditas sexan- e pagar relixiosamente.

Por certo que todo este entramado administrativo virtual con sede na nube, no metaverso ou a saber onde, contrasta con iso de que nas farmacias sigan recortando o código de barras dos medicamentos e pegándoo con celo nun folio…algo non cadra.

Poderíase entender que os funcionarios apliquen o máximo rigor e control para non verse comprometidos nos casos de corrupción que cada pouco saltan por todo o estado. Pero, se fose así, non se produciría ese desfase de 48.000 millóns en obra pública. Aparte de que, ben pensado, as voltas e reviravoltas que se fan dar a cidadanía non garanten que haxa máis control senón que semellan orientadas a que, se algo falla, cargue o interesado. Non digo que haxa que volver levar os papeis e que lles poñan o selo. Pero haberá un término medio, digo eu.

Os responsables políticos das diferentes administracións poden acabar sendo diana da frustración dos cidadáns ante ese muro electrónico que os marea e pode facelos desistir dos seus propósitos. Ou ata poden ver paralizadas as iniciativas que levaban no programa electoral porque falta a confirmación secundaria da chave 365 ou o certificado dixital de computacións intraadministrativas. Pois…para o ano hai eleccións…

ÚLTIMAS

Programa Acelera PEME na Pobra do Brollón e Monforte de Lemos

A Oficina Móbil do Programa Acelera PEME, posto en marcha pola Deputación de Lugo,...

‘Ruta Castrexa’: moteiras e moteiros de todo o estado percorrendo Lugo Sur

Moteiras e moteiros de todo o estado participarán o sábado 11 de maio na bautizada...

Recepción do piloto monfortino Eduardo Iglesias na Deputación de Lugo

Durante o encontro, José Tomé trasladoulle ao deportista os seus parabéns en nome propio...

Atopan xunto ao río o corpo sen vida dun home que desapareceu o sábado en Sarria

O corpo sen vida dun home de algo máis de 70 anos de idade,...