HomeSucesosLiberan a unha pesrsoa atrapada tras un accidente no Saviñao

Liberan a unha pesrsoa atrapada tras un accidente no Saviñao

Publicado o

- Advertisement -

Unha colisión no termo municipal do Saviñao mobilizou na tarde deste pasado luns aos Bombeiros de Chantada para liberar a unha persoa atrapada no interior dun turismo tras unha colisión.

Segundo informou o 112 Galicia, rexistrou o sinistro ás 18,00 horas do luns cando recibiu información sobre un choque frontal na estrada de Currelos a Escairón. Ao lugar acudiron equipos de emerxencias despois de activar o persoal do 112 os protocolos para a mobilización dos recursos de rescate e salvamento, asistencia médica e control e seguridade.

Así, ata lugar do accidente desprazáronse os Bombeiros de Chantada e unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Mentres os bombeiros excarceraron a persoa atrapada, o equipo médico dispuxo o necesario para facilitar a evacuación aérea do ferido ao Hospital de Ourense, sinalaron as mesmas fontes. En relación ás tarefas de control e seguridade, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos axentes da Garda Civil de Tráfico, que enviaron unha patrulla.

ÚLTIMAS

155.000€ para impulsar 18 comercios da zona sur da provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes algúns dos...

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...