HomesociedadeInscricións abertas para a 22 edición de Artelemos

Inscricións abertas para a 22 edición de Artelemos

O Concello de Monforte abriu hoxe, martes 21 de xuño, o prazo de inscrición para participar na 22ª edición da Mostra Artelemos, prazo que permanecerá aberto ata o día 5 de xullo para que os artesáns poidan cursar as súas solicitudes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello recupera a celebración desta mostra de artesanía, logo de 2 anos de ausencia por mor da pandemia, e celebrarase durante cinco días, na primeira semana de agosto, concretamente do 5 ó 9, na rúa Cardenal, como ben sendo habitual.

“Nesta mostra”, salienta o Alcalde, José Tomé Roca, “poderemos atopar gran variedade de disciplinas artesanais, e para que poidan expoñer os seus produtos, colocaremos 25 casetas, unha para obradoiros e información, e as 24 restantes serán para postos de exposición e venda dos artesáns e artesás participantes”.

Como en pasadas edicións de Artelemos, dende a mostra ofreceranse produtos artesanais variados de diferentes disciplinas artísticas, cestaría, coiro, lá , olería de Gundivós, cerámica, etc. O público que asista a esta mostra, poderá ver en vivo a elaboración de pezas que os propios artesáns realizarán, e organizaranse diversos obradoiros destinados a nenos e nenas. O horario durante os cinco días da Mostra Artelemos será de 10:00 a 14:00 e 18:00 a 22:00 horas.

“Dende o Concello, queremos apostar polo aproveitamento dos recursos do noso territorio, neste caso os nosos artesáns, que coa súa labor do feito a man, enriquecen e dan un valor moi fermoso e engadido a nosa cultura e tradición dentro da promoción turística de Monforte e da Ribeira Sacra”, subliña José Tomé.

Neste senso, engadiu o Alcalde “o feito a man é un valor á alza, a tradición está de moda, e por elo os artesáns e as artesás son un valioso activo desta industria rural, que temos que recuperar e axudar a manter”.

ÚLTIMAS

A falta de vivenda centra o foro que Ribeira Sacra Next promove o 19 de xuño no Parador de Monforte

Durante a presentación do encontro, na sede da CEO, os representantes das tres entidades...

O 28 de xuño o director de cine, José Luis Guerin, participa en Sober na proxección do seu filme ‘Historias del Buen Valle’

Aproveitando a presenza do cineasta na vila, o Concello de Sober organiza, en colaboración...

O IES Río Cabe de Monforte faise co 2º e o 3º posto na fase final do Parlamento Xove

A categoría de ESO formárona Estefanía Fernández Muñoz, Verónica Caplea, África Guitián García e...

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...